arriba
Martes, 12-Maio-2026

 
  • cifpcompostela.gal - Imaxe - 1
bajar
 

 

Portada

 Bolsas MEC Curso 2026-2027 de Carácter Xeral para Estudos Postobligatorios

Informámosvos do comezo do prazo para solicitar as Bolsas de carácter Xeral para estudos postobligatorios do Ministerio de Educación para o curso 2026 - 2027:

Do 7 de abril 2026 ás 08:00 h ata o 18 de maio 2026 ás 15:00 h.


Podedes consultar no seguintes enlaces:

-Convocatoria Oficial

-Cartel informativo


Ademais, toda a información completa atópase na páxina web oficial do Ministerio de Educación, da que vos deixamos o enlace: 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Lembrade!:  Os alumnos/as que soliciten Bolsa e abandonen os estudos durante o curso terán que reintegrar os cartos con intereses por causa de incumprimento, de acordo cos Artigos 43 e 45 da Convocatoria.

Plans Proxecta_CIFP Compostela

Pincha nos enlaces para coñecer o traballo dos nosos Plans Proxecta no 2025-26 img#67362

Continuamos con:

Nutriescolas" img#67120    Proxecto didáctico Antonio Fraguas: consulta as súas actividades no 24-25    

Queremos destacar que desde as Equipas de Dinamización da Lingua Galega dos centros implicados na Mostra do Entroido Galego que desenvolvemos cada curso, convídannos  á comunidade educativa do CIFP Compostela a visitar a Exposición “Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade” que se inaugurou o venres 14 de novembro no Museo do Pobo Galego. Esta exposición pon en valor os proxectos premiados no curso 2024-25 co Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas e recoñece o labor colectivo dos centros participantes.

Comezamos un novo reto con:   

Remataron no 2024-25:     img#13255   Por 365 días de respecto e igualdade

Rematou no 2023-24: "Fotostela":     img#85045

Evacuación centro educativo.

Acceso a vídeo de evacuación:  Simulacro de incendio nun centro educativo

Recoméndamovos prestar un pouquiño de atención ao seguinte vídeo para coñecer como evacuar o centro educativo e ler a seguinte FICHA ao alumnado

E para coñecer o uso de extintores:

Convocatoria programa Eduemprende_Idea
Luns, 4-Maio-2026
Dende a Coordinación de Emprendemento lémbrannos que o prazo para participar no Concurso Eduemprende iDEA 2026 impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e que busca alentar o espírito emprendedor no alumnado das ensinanzas de Formación Profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño de Galicia, remata o 15 de maio Como ven sendo habitual premiarase os tres mellores proxectos de empresa: Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de espe... »
  • Luns, 4-Maio-2026
    Celebramos a Begoña Caamaño coa lectura de Morgana en Esmelle no mes das Letras Galegas. »

  • Xoves, 23-Abril-2026
    Comezamos as actividades do Día do Libro 2026 con Lucía Belarte e David Lorenzo que presentaron o álbum ilustrado A Panadería, editado por Kalandraka. Un encontro para falar de tolerancia, diversidade e integración social. Tivemos a oportunidade de coñecer o proceso do álbum ilustrado de creación e mesmo degustamos unhas riquísimas... »

  • Mércores, 22-Abril-2026
    No mes do libro, chega o momento de comentar poesía. Farémolo coa escritora Andrea Nunes,finalista do premio Follas Novas de poesía, a través do seu Mapa da Estría que nos fará navegar por diferentes cartografías. »

  • Xoves, 16-Abril-2026
    📣Un dos obxectivos do EDLG é fomentar entre o alumnado o uso e a competencia en lingua galega na súa formación profesional. A tal efecto desde o EDLG poñemos en marcha os Premios aos mellores Proxectos de Fin de Ciclo en lingua galega. O procedemento é sinxelo: 1️⃣O alumnado interesado, antes do 29 de maio, rea... »
 

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.