Historia
Naceu o 01-03-1967 no Burgos das Nacións. O C.I.F.P. "COMPOSTELA" ten unha longa e consolidada experiencia na formación do sector da Hostalería, sendo o campo da restauración onde máis éxitos ten acadados.
O Centro foi inaugurado no ano 1967, como Escola Sindical de Hostalería e Turismo de Santiago recibindo o nome posteriormente de I.E.S. COMPOSTELA, e actualmente C.I.F.P. COMPOSTELA. No ano Santo 1971 trasládase ao politécnico de Santiago, onde se imparten clase ao longo de dous anos. No ano 1973 trasladouse á actual sede, que por entón foi creado como Hotel-Escola funcionando só como Escola
Pódese dicir entón, que nas actuais instalacións iniciou a súa etapa educativa no curso 1973/74, inicialmente iba a ser un Hotel-Escola, integrado na Rede Nacional de Paradores para visitas oficiais.
Na súa etapa anterior e xunto coas ensinanzas de FP1 e FP2 máis tarde, chegaron a impartirse asemade ensinanzas de rama administrativa e comercial que conviviron con outras igualmente da rama e especialidade de hostalería e turismo, tales como por exemplo administración hostaleira que hoxe xa non se imparten pola transformación das ensinanzas nos actuais ciclos formativos de formación profesional específica.
Durante toda a súa etapa como centro, dependeu dos seguintes organismos:
1967-1976: Organización Sindical
1976-1978: A.I.S.S. (Presidencia del Gobierno)
1978-1983: I.N.E.M (Ministerio de Trabajo)
1983-1987: M.E.C. (Ministerio de Educación e Ciencia)
1988-2017 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
2018-2020:Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Actualidade: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Concretando máis o seu percorrido histórico, cabe destacar por exemplo, que no ano 1970, o Centro foi autorizado polo M.E.C.(Ministerio de Educación y Ciencia) para impartir ensinanzas de Formación Profesional reglada de Primeiro Grao. No ano 1976, a Escola foi homologada para Primeiro e Segundo Grao de Formación Profesional, dependendo do Instituo Politécnico de Santiago e no ano 1983 o Centro foi transferido ao Ministerio de Educación y Ciencia e dende ese momento pasa a formar parte da rede de Institutos de Formación Profesional. Pertence por entón ao M.E.C., ata a súa transferencia á Xunta de Galicia, polo R.D. 18/12/1987 pasando a depender dende ese momento, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia tal e como xa se mencionou. Transformouse en centro integrado en virtude do Decreto 325/2003 (D.O.G. de 4 de agosto de 2003)
Por este centro pasaron alumnos prácticamente de toda España e moi particularmente de Asturias, Castela-León, Cantabria, Euskadi e mesmo de Canarias ata que nas respectivas Comunidades Autónomas foron creando centros de formación en hostalería.
No ano 2006 ampliase a oferta educativa, coa construción dun novo edificio para albergar ciclos formativos das familias profesionais de Servizos Socioculturais e á Comunidade e de Artes Gráficas.
O CIFP Compostela pertence a rede de centros integrados de Galicia. A Rede foi certificada na norma ISO 9001:2008 e está sometida a un sistema de traballo por procesos que busca a satisfacción de toda a comunidade educativa (alumnos, familias, persoal docente e non docente) e garantir os dereitos dos usuarios, someténdose a auditorías (externas e internas) e reflectindo a súa traxectoria no certificado logrado en xullo de 2012:
O CIFP Compostela figura entre un dos centros preferidos polo alumnado galego para vir ata Santiago a formarse profesionalmente, feito demostrado cada ano coa demanda de prazas nos diferentes Ciclos Formativos que se ofertan, ata cubrir preto das 1.100 prazas actuais, entre formación regrada e contínua.
Ten na súa traxectoría numerososos alumnos condecorados e cun éxito profesional e empresarial que son o testimonio dun traballo constante e riguroso na formación profesional.