Formación a distancia
Oferta modular a distancia
HOSTALERÍA E TURISMO
- Ciclos formativos de grao superior
- ZSHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos (DISTANCIA)
SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE
- Ciclos formativos de grao superior
- ZSSSC05 Promoción de igualdade de xénero (DISTANCIA)
A partires do curso escolar 2016-2017 o acceso á nova versión da plataforma educativa de formación a distancia, pode facelo na seguinte ligazón: FP DISTANCIA
Se precisas información sobre o acceso á plataforma educativa preme no seguinte enlace: Acceso á FP a Distancia.
ORGANIZACIÓN DA FP NA MODALIDADE A DISTANCIA
A organización destas ensinanzas é modular, de forma que o alumnado se matricula en módulos de primeiro ou segundo curso segundo os seus intereses. Esta organización modular implica que non exista promoción entre cursos, nin primeiro curso ou segundo curso como tal.
O número máximo de módulos nos que se pode matricular por curso é variable, aínda que nunca pode exceder as 1000 horas, sumando as horas asignadas a cada módulo en formación presencial. Para este cómputo non se terá en conta o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT). A matrícula neste módulo só poderá realizarse cando se superen todos os módulos do ciclo.
Polas características do módulo de FCT, só poderá desenvolverse de forma presencial.
A duración de todos os módulos a distancia comprende dende outubro a xuño polo que, como norma xeral, a FCT se realizará a partir do mes de setembro.
CARACTERISTICAS DESTA MODALIDADE
As características máis destacables deste tipo de formación son as seguintes:
Asistencia ao centro onde se realice a matrícula
Este tipo de ensinanzas desenvólvense a distancia, en modalidade online.
Non obstante, o alumnado debe asistir ao centro en dúas situacións:
- Realización das probas parciais e finais de cada módulo.
- Asistencia a titorías colectivas. Aínda que non é obrigatoria a súa asistencia, o contido desenvolvido nelas é avaliable.
Realización de probas
Realízanse entre dúas e tres probas parciais ao longo do curso, máis unha proba final en xuño por cada módulo (no caso de non superar as probas parciais). Non hai probas de setembro, polo que unicamente se consume unha convocatoria por cada curso.
EN QUE CONSISTEN OS ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL NA MODALIDADE A DISTANCIA?
A principal vantaxe destas ensinanzas é a flexibilidade e autonomía na aprendizaxe por parte de cada alumno/a co seguimento personalizado por parte dun profesor ou profesora.
O acceso aos contidos realizarase dende o lugar desexado e cun horario flexible adaptado ás necesidades de cada un, co único requisito de ter conexión a Internet.
Esta oferta está dirixida especialmente a aquelas persoas que, por diferentes razóns (non só laborais), non poden cursar nos centros educativos e no horario presencial, a Formación Profesional. Polo tanto, maioritariamente será o colectivo de persoas adultas o destinatario desta modalidade de ensino.
A estrutura modular dos ciclos formativos de Formación Profesional permite, nesta modalidade, que cada alumno/a decida, de xeito autónomo, de que módulos quere matricularse en función das súas necesidades persoais e a súa dispoñibilidade.
Unha vez matriculado nos módulos escollidos do Ciclo Formativo correspondente, o alumno/a recibirá unha clave de acceso que lle permitirá acceder á plataforma (PLATEGA) onde se encontran os materiais e dende onde se comunicará permanentemente co seu profesor/a.