Acreditación de competencias profesionais
Programa cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial “Plan De Formación Profesional Para El Crecimiento Económico y Social y La Empleabilidad”, e pola Unión Europea-NextGenerationEU

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.
A nova convocatoria de Acreditación de competencias profesionais 2021 virá marcada por novidades establecidas pola ORDE do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita
O correo electrónico de contacto para Acreditación de Competencias no CIFP Compostela: acreditacion.cifp.compostela@edu.xunta.gal
Achegamos enlaces á información de interese para os candidatos/as:
- Instituto Nacional de las Cualificaciones. Órgano técnico de apoio ao Consello Xeral da Formación Profesional responsable de definir, elaborar e manter actualizado no Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales - INCUAL: https://incual.educacion.gob.es/inicio Nesta páxina pódese consultar:
Ademais recomendamos a lectura do Incual en:
https://incual.educacion.gob.es/documents/d/extranet/2023_guia_personacandidata_peac
e a nosa Guia da persoa candidata:
No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
No capítulo II desta lei, que trata sobre os tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos, nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:
– As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
– As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
Fonte: http://www.edu.xunta.gal/fp/exencion-taxa-asesoramento-taxa-avaliacion-procedemento-ara
Máis información sobre o procedemento en: https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita









