Probas
Programacións Probas Libres 2021_ módulos con matrícula no CIFP Compostela:
Ciclo medio de Atención a Persoas en situación de dependencia: Apoio á comunicación, Apoio domiciliario, Atención e apoio psicosocial, Atención hixiénica, Atención sanitaria, Características e necesidades das persoas en situación de dependencia, Destrezas Sociais, Empresa e Iniciativa emprendedora, Formación e orientación laboral, Organización ás persoas en situación de dependencia, Primeiros auxilios, Teleasistencia.
Ciclo superior de Dirección de cociña: Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña, Empresa e Iniciativa emprendedora, Formación e orientación laboral, Procesos de elaboración culinaria, Procesos de preelaboración en conservación en cociña, Recursos humanos e dirección de equipos en restauración, Xestión administrativa e comercial en restauración.
Ciclo superior de Dirección de servizos de restauración: Gastronomía e nutrición, Xestión administrativa e comercial en restauración.
Ciclo superior de Educación Infantil: Autonomía persoal e saúde, Desenvolvemento cognitivo e motor, Desenvolvemento socioafectivo, Didáctica da Educación Infantil, Empresa e iniciativa emprendedora, Expresión e Comunicación, Formación e Orientación Laboral, Habilidades Sociais, Intervención con familias e atención a menores en risco social, O xogo infantil e a súa metodoloxía, Primeiros auxilios.
Ciclo superior de Integración social: Apoio á intervención educativa, Atención a unidades de convivencia, Contexto da intervención social, Empresa e iniciativa emprendedora, Formación e orientación laboral, Habilidades sociais, Inserción sociolaboral, Mediación comunitaria, Metodoloxía da intervención social, Primeiros auxilios, Promoción da autonomía persoal, Sistemas automentativos e alternativos de comunicación.
Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos: Comercialización de eventos, Dirección de aloxamentos turísticos, Empresa e iniciativa emprendedora, Estructura do mercado turístico, Formación e orientación laboral, Inglés, Marketing turístico, Protocolo e relacións públicas, Recepción e reservas, Recursos Humanos no aloxamento, Xestión de departamentos de pisos, Francés.
Horarios Probas Libres 2021_CIFP COMPOSTELA (1ª parte)
Pódense consultar os horarios do CIFP COMPOSTELA para realización da primeira parte das Pobras Libres 2021 no seguinte enlace:
HORARIOS PROBAS LIBRES 2021 (1ª Parte)
Accederá á información da Xornada de acollida no seguinte enlace:
XORNADA DE ACOLLIDA PROBAS LIBRES CIFP COMPOSTELA 2021 (01 de xuño de 2021)
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021
Actualmente na Comunidade Autónoma de Galicia, e dentro do sistema educativo, realízanse convocatorias de probas libres que teñen como finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
A obtención de títulos FP (LOE) ven regulada por:
– Corrección de erros. Orde do 5 de abril de 2013
Requisito das persoas solicitantes
Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.
Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:
- sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
- ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.
Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
Coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
Calendario
Consulta as instruccións no seguinte enlace: Instrucións sobre o proceso de admisión e para cubrir o impreso de solicitude de admisión
Pode baixar o impresos de admisión en:
Impresos de solicitude de inscrición (anexo I)
Impreso matrícula praza adxudicada
Impreso de matrícula liberada
Para máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual
Fonte:http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual
Probas para ESO maiores 18 anos
Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2021
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33202
Probas de acceso a grao medio e a grao superior
Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.
Información xeral das probas de acceso a grao superior
Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2021_ CICLOS SUPERIORES
Parte común
Parte específica (Actualizado o 20/04/2021)
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas
Introdución
Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2021
Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
Calendario das probas de acceso
Composición dos tribunais:
Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao superior. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude (Actualizado o 18/02/2021)
- Ligazón á aplicación informática
- Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa (Anexo X)
Listaxes da convocatoria 2021
Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2021 así como, terá acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2021 a medida que se publiquen: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
Información xerá das probas de acceso a grao medio
Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2021_ CICLOS MEDIOS
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas
Introdución
Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2021
Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
Calendario das probas de acceso
Composición dos tribunais
Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude (Actualizado o 09/03/2021)
- Ligazón á aplicación informática
Listaxes da convocatoria 2021
Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2021, así como acceso aos exames e respostas da convocatoria a medida que se publiquen: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual