arriba
Sábado, 23-Setembro-2023

 

 
PortadaseparatorProgramas InternacionaisseparatorErasmus+ _Ciclos Superiores


Erasmus+ _Ciclos Superiores

 img#59739

O programa Erasmus+ en Educación Superior que  ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doctorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

O CIFP Compostela oferta mobilidade de estudantes para prácticas e mobilidades para recen graduados/as. Realización dun período de prácticas nunha empresa ou organización doutro país europeo.

ENBAIXADA ESPAÑOLA DALGÚNS PAISES DE DESTINO:

ERASMUS+ _Educación Superior

Erasmus+ 2021 -2027. O Futuro do Programa :

 img#43219

CARTA ERASMUS+ 2021-2027

Renovamos á carta Erasmus+, continuamos cos nosos proxectos e compromiso Eramus+ KA131 /KA103, agredecendo a colaboración, paciencia e compromiso do alumnado, centros e empresas colaboradoras co CIFP Compostela na actual situación de incertidume xerada pola crise sanitaria da Covid-19.  En maio retomamos as nosas mobilidades para Ciclos Superiores!!

Erasmus Policy Statement

 img#56449

No seguinte enlace atopades a nosa: Declaración de política Erasmus Plus

Curso 2022-2023

Dentro do programa ERASMUS + recibimos a visita de alumnado e profesorado do Istituto Istruzione Superiore "Ignazio e Vicenzo Florio" en Trapani provincia de Sicilia.

O grupo que nos visitou estaba formado polas docentes Valentina e Claudia e dez alumnas e alumnos que están a cursar os estudos de cociña e servizos neste instituto italiano.

O alumnado de 1º de Xestión de Aloxamentos turísticos encargouse de amosar e explicar o noso centro pero tamén durante o percorrido uníronse personaxes tan senlleiros coma Breogán, Exeria, Rosalía de Castro, Santiago Apóstolo e mesmo meigas.

 img#3097

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (outubro/decembro 2023 - CICLOS SUPERIORES)


Obxecto da convocatoria

Concesión de 3 bolsa Erasmus KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do programa 2022‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000056569


Destinatarios
Alumnado en MODULAR e DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no primeiro trimestre do curso 2023-2024 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.


Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.


Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA131 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de maio 2023 ata o 2 de xuño 2023.


Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:


Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA103/KA131 para realizar á FCT no primeiro trimestre do curso 2023-2024 (Ciclo Superior)


Podes baixar a solicitude en:

Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA131 para realizar a FCT (Ciclo Superior)

Convocatoria de Bolsa Erasmus+ KA 131 para F.C.T. de marzo/xuño 2023


Obxecto da convocatoria

Concesión de 6 bolsas Erasmus+ KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do programa 2021‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000008012

Destinatarios

Alumnado en ORDINARIO, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no terceiro trimestre do curso 2022-2023 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.


Requisitos para participar na selección

Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.


Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 21 de novembro 2022 ata o 02 de decembro 2022.


Podes consultar a Convocatoria no seguinte enlace: Convocatoria Bolsas Erasmus+ KA131 para realizar á FCT no terceiro trimestre do curso 2022-2023 (Ciclo Superior)


Podes baixar a solicitude en: Solicitude autoeditable KA 131

Curso 2021-2022

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (outubro/decembro 2022 - CICLOS SUPERIORES)


Obxecto da convocatoria
Concesión de 2 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103 1 bolsa KA131 dentro do programa 2020-1-ES01-KA103-079157 /2021‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000008012

Ampliación a 1 plaza de Dirección de Cociña con data 180/50/2022


Destinatarios
Alumnado en OFERTA MODULAR/DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2022-23 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.


Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT.
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.


Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.


Prazo de presentación de solicitudes

Ampliación do prazo ata o 27 de maio .

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de maio de 2022 ata o 27 de maio de 2022.


Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:


Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA103 / KA131 para realizar á FCT no primeiro trimestre do curso 2022-2023 (Ciclo Superior)


Podes baixar a solicitude en:

Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA103 para realizar a FCT (Ciclo Superior)

Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (curso 2021-2022)

DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración.

A profesora Mercedes Teijeiro Gato visitou a Escola de Escola Superior de Gestão de Idanha a Nova do Instituto Castelo Branco (Portugal)

 img#67543 img#3786

Consulta a súa experiencia en TWITTER

A profesora Mónica Rouco Botana visitou o Hotel School, Hotel Management College en Riga (Letonia)

 img#10300 img#28095

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (marzo/abril 2022 - CICLOS SUPERIORES):
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2020-1-ES01-KA103-079157, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.

MAINO E ANGEL REALIZARON A SÚA MOBILIDADE NO HOTEL HILTON IMPERIAL DUBROVNIK (CROACIA)  (de abril a xuño de 2022)

 img#74332

ANTÍA E LAURA REALIZARON A SÚA MOBILIDADE NO HOTEL GIARDINO D' EUROPA EN ROMA (ITALIA)  (de abril a xuño de 2022)

 img#74332

ANDRÉS REALIZOU A SÚA MOBILIDADE NO RESTAURANTE FUEGO EN COPENHAGUE (DINAMARCA)

 img#17687

Visita de distintos representantes de Francia (novembro de 2021)

Neste curso tivemos a oportunidade de recibir en novembro de 2021 aos representantes do Campus Mob (Francia):

  • David DUPASQUIER, Coordinador Erasmus+KA103 - Instituto Christian Bourquin ARGELES SUR MER
  • Maryline POUSSIN, Coordinadora Erasmus+KA103 - Instituto Chaptal MENDE
  • Ramon GONZALEZ, Coordinador Erasmus+KA102 - Instituto Georges Frêche MONTPELLIER

Ademais, contamos coas visitas de representantes de 20 centros de Formación Profesional de Francia (visita coordinada dende o CIFP as Mercedes); así en Novembro recibimos, en primeiro lugar, a:

  • ­ Magally Filly Directora do Lycée Polyvalent Les Iscles
  • ­ Jerome Serrano Director do Lycée professionel Dr Philippe TISSIÉ – SAVERDUN

O día 31/03/2022 recibimos directores/as dentro do proxecto Erasmus+, pour plus d’Éducation pour tous Contrat n° 2020-1-FR01-KA116-078182 acompañados por Mercedes Alvarez Uria (CIFP As Mercedes – Lugo)

Como sempre, agradecer a  Diana Pastoriza (Departamento de Formación, Innovación e Internacionalización no CAFI) a súa colaboración coa Coordinación de Praogramas Iternacionais do CIFP Compostela


VISITA DO INSTITUTO POLITÉCNICO DE CASTELO BRANCO CO PROGRAMA ERASMUS PLUS (Setembro de 2021)

Moitas grazas a Isabel Fonseca pola semana que compartiu con nós co CIFP Compostela. Ata logo!

Muito obrigados a Isabel Fonseca pela semana que partilhou connosco no CIFP Compostela. Até logo!

 img#47437       img#21246

Sen esquezer a inestimable cooperación dos centros que visitamos e que colaboraron co CIFP Compostela nesta visita: IES Rosalía de Castro, Centro Autonómico de Innovación e Formación (CAFI) e CIFP Politénico de Santiago. Grazas!

DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.

COLABORAMOS CO HOTEL AC HOTEL VICENZA SRL (ITALIA) onde realiza a súa mobilidade Soraya ( de xaneiro a abril de 2022)

 img#87707

COLABORAMOS CO HOTEL HILTON IMPERIAL DUBROVNIK (CROACIA) onde realiza a súa mobilidade Ion (de novembro de 2021 a xaneiro de 2022)

 img#49555

Curso 2020-2021

DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración.

COLABORAMOS CO HOTEL CORTE VALIER EN LAZISE (ITALIA) onde realiza a súa mobilidade Araceli (de maio a agosto de 2021)


 img#7874           img#55428           img#55428


COLABORAMOS CO RESTAURANTE THE YEATMAN EN VILA NOVA DE GAIA – OPORTO (PORTUGAL) onde realiza a súa mobilidade Serxio (de xuño a agosto de 2021)

 img#7874

Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2020 e marzo a xuño de 2021

A causa da crise sanitaria do COVID-19 esta convocatoria quedaron aprazadas e procederase a ofertar como recen titulados/as

Pódese serguir as medidas específicas do Programa Erasmus+ na incidencia epidemiolóxica COVID-10 no senguinte enlace: http://sepie.es/coronavirus.html

Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2019-2021). CICLOS SUPERIORES 

A causa da crise sanitaria da COVID-19 esta convocatoria queda aprazada e será retomada no curso 2021-2022


En relación á incidencia epidemiolóxica COVID-19, poden consultar os últimos comunicados do SEPIE (Servizo para a internacionalización da educación) en: http://sepie.es/comunicacion/prensa.html

Curso 2019-2020

NO CURSO 2019-2020,DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.

Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+

COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA,onde realizou a súa FCT Manuel (de outubro a decembro de 2019)

 img#33409

E coa ESCOLA INFANTIL GERAÇAO CHUPETA (Lisboa) onde realizou a súa FCT Laura (de outubro a decembro de 2019)

 img#33409

VISITA DE PROFESORADO DO LYCEE CHRISTIAN BOURQUIN DE ARGELES SUR MER CO PROGRAMA ERASMUS+ (Setembro 2019).

Moitas gracias a Viviana e David con Erasmus Plus por esta semana en @CIFPCOMPOSTELA . Ata pronto! ....Merci beaucoup Viviana et David pour Erasmus Plus pour cette semaine à CIFP Compostela. À bientôt .

 img#90928

Curso 2018-2019

NO CURSO 2018-2019, DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.

Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+

COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA, onde realizou as súa FCT Manuela (de marzo a xuño de 2019).

 img#33409

COLABORAMOS CO HOTEL GIARDINO D’ EUROPA en ROMA, onde realizaron as súa FCT Anet (de outubro a decembro de 2018) e Noelia (de marzo a xuño de 2019).

 img#86595  img#86595

COLABORAMOS CO RESTAURANTE HISPANIA, onde realizou as súa FCT Silvia (de outubro a decembro de 2018).

 img#40751

VISITA DE PROFESORAS DO INSTITUTO POLITÉCNICO DE CASTELO BRANCO CO PROGRAMA ERASMUS PLUS (Maio de 2019)

Agradecer a Helena Margarida e María Margarida a semana que compartiron co CIFP Compostela dentro da súa mobilidade Erasmus Plus. Muito obrigados por tudo!!

 img#79698

 img#21865

Máis información sobre convocatorias anteriores en: http://cifpcompostela.edu.es/het/index.php?option=com_content&view=article&id=338&Itemid=89


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.