Erasmus+ _Ciclos Superiores
O programa Erasmus+ en Educación Superior que ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doctorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.
O CIFP Compostela oferta mobilidade de estudantes para prácticas e mobilidades para recen graduados/as. Realización dun período de prácticas nunha empresa ou organización doutro país europeo.
ENBAIXADA ESPAÑOLA DALGÚNS PAISES DE DESTINO:
- EMBAIXADA EN PORTUGAL
- EMBAIXADA EN ITALIA
- EMBAIXADA EN ALEMANIA
- EMBAIXADA EN IRLANDA
- EMBAIXADA EN ITALIA
ERASMUS+ _Educación Superior
Erasmus+ 2021 -2027. O Futuro do Programa :
CARTA ERASMUS+ 2021-2027
Renovamos á carta Erasmus+, continuamos cos nosos proxectos e compromiso Eramus+ KA131 /KA103, agredecendo a colaboración, paciencia e compromiso do alumnado, centros e empresas colaboradoras co CIFP Compostela na actual situación de incertidume xerada pola crise sanitaria da Covid-19. En maio retomamos as nosas mobilidades para Ciclos Superiores!!
Erasmus Policy Statement
No seguinte enlace atopades a nosa: Declaración de política Erasmus Plus
Curso 2022-2023
Dentro do programa ERASMUS + recibimos a visita de alumnado e profesorado do Istituto Istruzione Superiore "Ignazio e Vicenzo Florio" en Trapani provincia de Sicilia.
O grupo que nos visitou estaba formado polas docentes Valentina e Claudia e dez alumnas e alumnos que están a cursar os estudos de cociña e servizos neste instituto italiano.
O alumnado de 1º de Xestión de Aloxamentos turísticos encargouse de amosar e explicar o noso centro pero tamén durante o percorrido uníronse personaxes tan senlleiros coma Breogán, Exeria, Rosalía de Castro, Santiago Apóstolo e mesmo meigas.
Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (outubro/decembro 2023 - CICLOS SUPERIORES)
Obxecto da convocatoria
Concesión de 3 bolsa Erasmus KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do programa 2022‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000056569
Destinatarios
Alumnado en MODULAR e DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no primeiro trimestre do curso 2023-2024 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA131 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de maio 2023 ata o 2 de xuño 2023.
Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:
Podes baixar a solicitude en:
Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA131 para realizar a FCT (Ciclo Superior)
Convocatoria de Bolsa Erasmus+ KA 131 para F.C.T. de marzo/xuño 2023
Obxecto da convocatoria
Concesión de 6 bolsas Erasmus+ KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do programa 2021‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000008012
Destinatarios
Alumnado en ORDINARIO, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no terceiro trimestre do curso 2022-2023 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 21 de novembro 2022 ata o 02 de decembro 2022.
Podes consultar a Convocatoria no seguinte enlace: Convocatoria Bolsas Erasmus+ KA131 para realizar á FCT no terceiro trimestre do curso 2022-2023 (Ciclo Superior)
Podes baixar a solicitude en: Solicitude autoeditable KA 131
Curso 2021-2022
Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (outubro/decembro 2022 - CICLOS SUPERIORES)
Obxecto da convocatoria
Concesión de 2 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103 1 bolsa KA131 dentro do programa 2020-1-ES01-KA103-079157 /2021‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000008012
Ampliación a 1 plaza de Dirección de Cociña con data 180/50/2022
Destinatarios
Alumnado en OFERTA MODULAR/DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2022-23 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT.
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.
Prazo de presentación de solicitudes
Ampliación do prazo ata o 27 de maio .
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de maio de 2022 ata o 27 de maio de 2022.
Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:
Podes baixar a solicitude en:
Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA103 para realizar a FCT (Ciclo Superior)
Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (curso 2021-2022)
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración.
A profesora Mercedes Teijeiro Gato visitou a Escola de Escola Superior de Gestão de Idanha a Nova do Instituto Castelo Branco (Portugal)
Consulta a súa experiencia en TWITTER
A profesora Mónica Rouco Botana visitou o Hotel School, Hotel Management College en Riga (Letonia)
Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (marzo/abril 2022 - CICLOS SUPERIORES):
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2020-1-ES01-KA103-079157, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.
MAINO E ANGEL REALIZARON A SÚA MOBILIDADE NO HOTEL HILTON IMPERIAL DUBROVNIK (CROACIA) (de abril a xuño de 2022)
ANTÍA E LAURA REALIZARON A SÚA MOBILIDADE NO HOTEL GIARDINO D' EUROPA EN ROMA (ITALIA) (de abril a xuño de 2022)
ANDRÉS REALIZOU A SÚA MOBILIDADE NO RESTAURANTE FUEGO EN COPENHAGUE (DINAMARCA)
Visita de distintos representantes de Francia (novembro de 2021)
Neste curso tivemos a oportunidade de recibir en novembro de 2021 aos representantes do Campus Mob (Francia):
- David DUPASQUIER, Coordinador Erasmus+KA103 - Instituto Christian Bourquin ARGELES SUR MER
- Maryline POUSSIN, Coordinadora Erasmus+KA103 - Instituto Chaptal MENDE
- Ramon GONZALEZ, Coordinador Erasmus+KA102 - Instituto Georges Frêche MONTPELLIER
Ademais, contamos coas visitas de representantes de 20 centros de Formación Profesional de Francia (visita coordinada dende o CIFP as Mercedes); así en Novembro recibimos, en primeiro lugar, a:
- Magally Filly Directora do Lycée Polyvalent Les Iscles
- Jerome Serrano Director do Lycée professionel Dr Philippe TISSIÉ – SAVERDUN
O día 31/03/2022 recibimos directores/as dentro do proxecto Erasmus+, pour plus d’Éducation pour tous Contrat n° 2020-1-FR01-KA116-078182 acompañados por Mercedes Alvarez Uria (CIFP As Mercedes – Lugo)
Como sempre, agradecer a Diana Pastoriza (Departamento de Formación, Innovación e Internacionalización no CAFI) a súa colaboración coa Coordinación de Praogramas Iternacionais do CIFP Compostela
VISITA DO INSTITUTO POLITÉCNICO DE CASTELO BRANCO CO PROGRAMA ERASMUS PLUS (Setembro de 2021)
Moitas grazas a Isabel Fonseca pola semana que compartiu con nós co CIFP Compostela. Ata logo!
Muito obrigados a Isabel Fonseca pela semana que partilhou connosco no CIFP Compostela. Até logo!
Sen esquezer a inestimable cooperación dos centros que visitamos e que colaboraron co CIFP Compostela nesta visita: IES Rosalía de Castro, Centro Autonómico de Innovación e Formación (CAFI) e CIFP Politénico de Santiago. Grazas!
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.
COLABORAMOS CO HOTEL AC HOTEL VICENZA SRL (ITALIA) onde realiza a súa mobilidade Soraya ( de xaneiro a abril de 2022)
COLABORAMOS CO HOTEL HILTON IMPERIAL DUBROVNIK (CROACIA) onde realiza a súa mobilidade Ion (de novembro de 2021 a xaneiro de 2022)
Curso 2020-2021
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración.
COLABORAMOS CO HOTEL CORTE VALIER EN LAZISE (ITALIA) onde realiza a súa mobilidade Araceli (de maio a agosto de 2021)
COLABORAMOS CO RESTAURANTE THE YEATMAN EN VILA NOVA DE GAIA – OPORTO (PORTUGAL) onde realiza a súa mobilidade Serxio (de xuño a agosto de 2021)
Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2020 e marzo a xuño de 2021
A causa da crise sanitaria do COVID-19 esta convocatoria quedaron aprazadas e procederase a ofertar como recen titulados/as
Pódese serguir as medidas específicas do Programa Erasmus+ na incidencia epidemiolóxica COVID-10 no senguinte enlace: http://sepie.es/coronavirus.html
Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2019-2021). CICLOS SUPERIORES
A causa da crise sanitaria da COVID-19 esta convocatoria queda aprazada e será retomada no curso 2021-2022
En relación á incidencia epidemiolóxica COVID-19, poden consultar os últimos comunicados do SEPIE (Servizo para a internacionalización da educación) en: http://sepie.es/comunicacion/prensa.html
Curso 2019-2020
NO CURSO 2019-2020,DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.
Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+
COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA,onde realizou a súa FCT Manuel (de outubro a decembro de 2019)
E coa ESCOLA INFANTIL GERAÇAO CHUPETA (Lisboa) onde realizou a súa FCT Laura (de outubro a decembro de 2019)
VISITA DE PROFESORADO DO LYCEE CHRISTIAN BOURQUIN DE ARGELES SUR MER CO PROGRAMA ERASMUS+ (Setembro 2019).
Moitas gracias a Viviana e David con Erasmus Plus por esta semana en @CIFPCOMPOSTELA . Ata pronto! ....Merci beaucoup Viviana et David pour Erasmus Plus pour cette semaine à CIFP Compostela. À bientôt .
Curso 2018-2019
NO CURSO 2018-2019, DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.
Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+
COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA, onde realizou as súa FCT Manuela (de marzo a xuño de 2019).
COLABORAMOS CO HOTEL GIARDINO D’ EUROPA en ROMA, onde realizaron as súa FCT Anet (de outubro a decembro de 2018) e Noelia (de marzo a xuño de 2019).
![]() |
![]() |
COLABORAMOS CO RESTAURANTE HISPANIA, onde realizou as súa FCT Silvia (de outubro a decembro de 2018).
VISITA DE PROFESORAS DO INSTITUTO POLITÉCNICO DE CASTELO BRANCO CO PROGRAMA ERASMUS PLUS (Maio de 2019)
Agradecer a Helena Margarida e María Margarida a semana que compartiron co CIFP Compostela dentro da súa mobilidade Erasmus Plus. Muito obrigados por tudo!!
Máis información sobre convocatorias anteriores en: http://cifpcompostela.edu.es/het/index.php?option=com_content&view=article&id=338&Itemid=89