Erasmus+_Ciclos Medios
O programa de Formación Profesional (Ciclos Medios) vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación. Erasmus
ENBAIXADA ESPAÑOLA EN PAISES DE DESTINO, Enlaces
- EMBAIXADA EN PORTUGAL
- EMBAIXADA EN ITALIA
- EMBAIXADA EN HUNGRÍA
- EMBAIXADA EN FRANCIA
- EMBAIXADA EN ALEMANIA
- EMBAIXADA EN IRLANDA
NOTA INFORMATIVA ERASMUS+
O Sepie (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) informan a este centro que:
Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 102
Resolución definitiva
A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 102 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Medios, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 102.
Resolución provisional
A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 102 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Medios, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS KA 102.
Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)
Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019
O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.
A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.
Obxecto da convocatoria
Concesión de 3 becas Erasmus+ K102 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea condicionadas á concesión do proxecto.
Destinatarios
Alumnado, en OFERTA MODULAR , matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de maio ao 27 de maio de 2019.
Farase unha reunión informativa o xoves conxunta para KA 102 /KA 103 os días 9 de maio de 2019 ás 19.00 horas na “Sala de reunións” aula “Parlamento”.
Podedes ampliar a información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BOLSAS ERASMUS+ KA 102 (CIFP COMPOSTELA)