Experiencias internacionais
Experiencias no curso 2024-25
Erasmus+. Mobilidades de profesorado
As profesoras do Departamento de Idiomas Mercedes Teijeiro e Purificación Cabido están a realizar unha mobilidade Job Shadowing na cidade de Lorient no Campus de Notre Dame de la Paix, do 1 ao 8 de Maio. Trátase dunha observación in situ do sistema educativo francés, do funcionamento das bibliotecas escolares e da cultura bretona.
Nesta estadía visitaron o Lycée Notre Dame de la Paix, o Lycée Saint-Louis e o Collège Saint-Louis, integrándose nas aulas de inglés, francés, español, e TIC, tanto de formación profesional como de bacharelato.
Silvia Fernández, participou mediante o programa Erasmus+ KA131 nunha mobilidade de observación laboral. Esta mobilidade realizouse no CFA de Aucaleuc, centro de educación en alternancia da Bretaña francesa, durante a estancia a profesora puido acompañar a docente Tania Dutertre buscando un intercambio de
boas prácticas, a inspiración mutua e mellora do desenvolvemento profesional.
Participación no Proxecto #CAFI_Incluídas
Do 7 ó 11 de abril de 2025, Mercedes Teijeiro, profesora de inglés e coordinadora da biblioteca do centro, participou nun curso de formación sobre inclusión educativa na Facultade de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da Universidade de Oporto en Portugal.
A actividade está enmarcada dentro do proxecto Erasmus + incluIDAS en torno á educación inclusiva, abordada desde o traballo colaborativo de tres colectivos (persoal docente, inspector e asesor).
A duración do proxecto é para catro cursos académicos: 2024-25 > 2025-26 > 2026-27 > 2027-28.
Para participar en vindeiras convocatorias ou recibir información sobre este interesante proxecto, podedes subscribirvos á newsletter: https://cafierasmus.gal/newsletter/
A nosa coordinadora de Progamas Internacionais asiste a "Internacionaliza a túa escola"
Este fin de semana a coordinadora de programas internacionais ven de participar nas xornadas formativas "Internacionaliza a túa escola" onde se debateu sobre os programas Erasmus + e o eTwinning a través de diferentes charlas e talleres.
Asi mesmo unha docente do noso centro participará nunha movilidade en Portugal a través do proxecto Incluídas coordinado polo CAFI.
Unha curso máis recibimos a Natalia de TRIBE NL
Unha vez máis contamos no noso centro coa visita de Natalia Álvarez, CEO da empresa TRIBE NL. Nataliza falou co alumnado de 2º de Hostalaría e Turismo sobre a posibilidade de facer nos Países Baixos a súa FCT co Programa ERASMUS +
Experiencias no curso 2023-24
O CIFP Compostela participou esta semana nos “+ 30 anos do tratado de Maastricht : reflexións do pasado e do presente acerca da cidadanía europea e a libre circulación de persoas”
Dentro do programa recibimos a visita de representantes locais de Bulgaria, Sicilia, Lituania, Malta, Martinica, Portugal, Grecia e Cerdeña.
Así mesmo tamén tivemos a charla “ Maastricht and the future of Europe: discovering rights and obligations for European citizens “ a cargo da conselleira de EURES NETWORK Laura Otero.
A recepción das/os participantes foi levada a cabo polo alumnado de 2 dos ciclos superiores de Dirección de Aloxamentos, Cociña e Servizos de restauración.
Gracias Fernando Rodríguez de Xuventude por contar con nós!!
Recibimos no CIFP Compostela a visita de profesoras do centro educativo Bromangymnasiet en Suecia
Foron recibidos polo noso alumnado de 2 XAT, grupo encargado de amosarlle o noso centro e a nosa oferta educativa. #ErasmusPlus
Experiencias no curso 2022-23
Desenvolvemento ensinanzas de FP Pluringües. O noso alumnado de 1º de Xestión de Aloxamentos Turísticos e 1º de Dirección de Restauración, visita Dublín!
O alumnado e profesorado de 1 de Xestión de Aloxamentos turísticos e 1 de Direccción de Servizos de restauración estamos a visitar Dublín dentro do programa de ensinanzas de FP Bilingües. Hoxe fixemos visita guiada en inglés por entre outros: St. Stephens Green Park; Dublin Castle, Christ Church Cathedral , Trinity College ou Molly Malone monument .
Experiencias no curso 2021-22
Curso de reciclaxe de lingua e metodoloxía do profesorado de lingua inglesa: PIALE en Liverpool
A profesora Mercedes Teijeiro Gato foi seleccionada para participar no curso de formación permanente do programa PIALE da Consellería de Educación durante a segunda quincena do mes de xullo de 2022 que tivo lugar na cidade de Liverpool, Reino Unido.
15 días intensos para reflexionar sobre o ensino de inglés e intercambiar experiencias con profesorado galego e profesorado británico.
Foi unha experiencia intensa, enriquecida con visitas a Chester e norte de Gales, exposicións culturais e ós principais museos da cidade de Liverpool.
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración.
A profesora Mercedes Teijeiro Gato visitou a Escola de Escola Superior de Gestão de Idanha a Nova do Instituto Castelo Branco (Portugal)
A profesora Mónica Rouco Botana visitou o Hotel School, Hotel Management College en Riga (Letonia)
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2020-1-ES01-KA103-079157, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.
MAINO E ANGEL REALIZARON A SÚA MOBILIDADE NO HOTEL HILTON IMPERIAL DUBROVNIK (CROACIA) (de abril a xuño de 2022)
ANTÍA E LAURA REALIZARON A SÚA MOBILIDADE NO HOTEL GIARDINO D' EUROPA EN ROMA (ITALIA) (de abril a xuño de 2022)
ANDRÉS REALIZOU A SÚA MOBILIDADE NO RESTAURANTE FUEGO EN COPENHAGUE (DINAMARCA)
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2019-1-ES01-KA103-061359, realizaron a súa mobilidade. gradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.
COLABORAMOS CO HOTEL AC HOTEL VICENZA SRL (ITALIA) onde realiza a súa mobilidade Soraya ( de xaneiro a abril de 2022)
COLABORAMOS CO HOTEL HILTON IMPERIAL DUBROVNIK (CROACIA) onde realiza a súa mobilidade Ion (de novembro de 2021 a xaneiro de 2022)
Por tanto realizáronse as seguintes mobilidades:
FCT:
Bolsas ou axudas recibidas | Ciclo Formativo | Nº alumnado | |
Erasmus+ KA 103 | C.S. Xestión de Aloxamentos Turísticos | 4 | |
Erasmus+ KA 103 | C.S. Dirección de Cociña | 1 |
Como recen graduad@:
Bolsas ou axudas recibidas | Ciclo Formativo | Nº alumnado |
Erasmus+ KA 103 | C.X. Xestión de Aloxamentos Turísticos | 2 |
Visita de distintos representantes de Francia (novembro de 2021)
Neste curso tivemos a oportunidade de recibir en novembro de 2021 aos representantes do Campus Mob (Francia):
- David DUPASQUIER, Coordinador Erasmus+KA103 - Instituto Christian Bourquin ARGELES SUR MER
- Maryline POUSSIN, Coordinadora Erasmus+KA103 - Instituto Chaptal MENDE
- Ramon GONZALEZ, Coordinador Erasmus+KA102 - Instituto Georges Frêche MONTPELLIER
Ademais, contamos coas visitas de representantes de 20 centros de Formación Profesional de Francia (visita coordinada dende o CIFP as Mercedes); así en Novembro recibimos, en primeiro lugar, a:
- Magally Filly Directora do Lycée Polyvalent Les Iscles
- Jerome Serrano Director do Lycée professionel Dr Philippe TISSIÉ – SAVERDUN
O día 31/03/2022 recibimos directores/as dentro do proxecto Erasmus+, pour plus d’Éducation pour tous Contrat n° 2020-1-FR01-KA116-078182 acompañados por Mercedes Alvarez Uria (CIFP As Mercedes – Lugo)
Como sempre, agradecer a Diana Pastoriza (Departamento de Formación, Innovación e Internacionalización no CAFI) a súa colaboración coa Coordinación de Praogramas Iternacionais do CIFP Compostela
VISITA DO INSTITUTO POLITÉCNICO DE CASTELO BRANCO CO PROGRAMA ERASMUS PLUS (Setembro de 2021)
Moitas grazas a Isabel Fonseca pola semana que compartiu con nós co CIFP Compostela. Ata logo!
Muito obrigados a Isabel Fonseca pela semana que partilhou connosco no CIFP Compostela. Até logo!
Sen esquezer a inestimable cooperación dos centros que visitamos e que colaboraron co CIFP Compostela nesta visita: IES Rosalía de Castro, Centro Autonómico de Innovación e Formación (CAFI) e CIFP Politénico de Santiago. Grazas!
Experiencias desenvolvidas no curso 2020-2021
Comezamos a organizar mobilidades, dentro das posibilidades e cumprindo coas as normas Covid tanto nacionais como internacionais, así:
DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2019-1-ES01-KA103-061359, O CIFP COMPOSTELA COLABORA CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS. Agradecemos a estas das empresas de acollida a súa colaboración nestes momentos, así como, o compromiso e responsabilidade do noso alumnado.
COLABORAMOS CO HOTEL CORTE VALIER EN LAZISE (ITALIA) onde realiza a súa mobilidade Araceli (de maio a agosto de 2021)
COLABORAMOS CO RESTAURANTE THE YEATMAN EN VILA NOVA DE GAIA – OPORTO (PORTUGAL) onde realiza a súa mobilidade Serxio (de xuño a agosto de 2021)
Foron as seguintes mobilidades:
Bolsas ou axudas recibidas | Ciclo Formativo | Nº alumnado |
Erasus+ KA 103 | C.S. de Aloxamentos Turísticos | 2 |
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2019-2020
Lamentablemente no curso 2019-2020 as experiencias internacionais no CIFP Compostela víronse afectadas pola Covid -19. Redobraremos os nosos esforzos para poder retomalas coa maior brevidade e seguridade posibles, así, só poideron facer mobilidades no curso 2019-2020 dentro do programa Erasmus+ KA 103 Manuel e Laura:
Como sempre, agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+
COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA,onde realizou a súa FCT Manuel (de outubro a decembro de 2019)
E coa ESCOLA INFANTIL GERAÇAO CHUPETA (Lisboa) onde realizou a súa FCT Laura (de outubro a decembro de 2019)
Foron unicamente 2 mobilidades e 1 país de destino:
Quedadando aprazadas pola pandemia:
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2018-2019
NO CURSO 2018-2019, ADEMAIS DAS MOBILIDADES ERASMUS + KA103, NO CIFP COMPOSTELA CONTAMOS CON ESTUDANTES FACENDO AS SÚA FCT EN LONDRES
Agradecemos a colaboración do restaurantes Hispania e Barrafina, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT
Realizaron a súa FCT (de marzo a xuño de 2019) no Restaurante Hispania de Londres Rosalía e Alberto.
Realizou a súa FCT (de marzo a xuño de 2019) no Restaurante Barrafina de Londres Ánxela.
En total foron 7 mobilidades de alumnado a 3 paises: Italia, Reino Unido e Portugal. Esta é a distribución de alumnado, por programa e ciclo formativo:
Beca ou axudas recibidas |
Ciclo formativo
|
Nº alumnado |
Erasmus+ K102 |
Non se realizou oferta. |
|
Erasmus+ K103 / Consellería |
ZS Dirección en Serv. de Restauración |
1 |
ZS XAT
|
1 |
|
CS Dirección de Cociña |
1 |
|
CS Dirección de Servizos en Restauración |
2 |
|
CS XAT |
1 |
|
CS EDUCACIÓN INFANTIL |
1 |
|
TOTAL |
7 |
Para o curso 2019-2020 contamos cun proxecto propio KA 102, que nos permitirá volver a realizar mobilidades Erasmus+ cos Ciclos Medios.
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2017-2018
En total foron 17 mobilidades de alumnado a 7 paises: Francia, Italia, Reino Unido, Hungría, Francia, Portugal e Dinamarca. Esta é a distribución de alumnado, por programa e ciclo formativo:
Beca ou axudas recibidas |
Ciclo formativo |
Nº alumnado |
Erasmus+ K102 |
CM COCIÑA E GASTRONOMIA |
4 |
CM PAN., REPOST. E CONFITERIA |
1 |
|
CM SERVIZOS RESTAURACION |
1 |
|
Erasmus+ K103 |
ZS Dirección en Serv. de Restauración |
1 |
ZS XAT |
1 |
|
ZS EDUCACION INFANTIL |
1 |
|
CS Dirección de Cociña |
2 |
|
CS Dirección de Servizos en Restauración |
2 |
|
CS XAT |
1 |
|
CS EDUCACIÓN INFANTIL |
1 |
|
CS INTEGRACION SOCIAL |
2 |
|
TOTAL |
17 |
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2016-2017
En total foron 15 mobilidades de alumnado a 5 paises: Francia, Italia, Reino Unido, Irlanda e Hungría. Esta é a distribución de alumnado, por programa e ciclo formativo:
Beca ou axudas recibidas | Ciclo formativo | Nº alumnado |
Erasmus+ K103 | C.S. Direccion de Servizos en restauración | 2 |
C.S. Xestión de aloxamentos turisticos | 1 | |
ZS Direccion de Cociña | 1 | |
C.S. Educación Infantil | 1 | |
Erasmus+ K102 | C.M. Cociña e gastronomía | 3 |
C.M. Atención a persoas en situación de dependencia | 1 | |
C.M. Servizos en restauración | 2 | |
ZM Cociña e gastronomía | 1 | |
ZM Servizos en Restauración | 2 | |
ZM Atención a persoas en situación de dependencia | 1 | |
Total | 15 |
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2015-2016
En total foron 22 mobilidades de alumnado a 5 paises: Francia, Italia, Reino Unido, Irlanda e Hungría. Esta é a distribución de alumnado, por programa e ciclo formativo:
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2014-2015
En total foron 20 saídas de alumnado a paises como: Alemania, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido e Irlanda, na Comunidade Europea e EE.AA como pais extracomunitario. Esta é a distribución de alumnado, por programa e ciclo formativo:
Beca ou axudas recibidas | Ciclo formativo | Nº alumnado |
Erasmus+ K102-Leonardo da Vinci | C.M. Panaderia, Reposteria e Confiteria | 2 |
CM Preimpresión Digital | 2 | |
CM Cociña e Gastronomía | 1 | |
ZM Cociña e Gastronomía | 1 | |
ZM Servizos en restauración | 2 | |
ZM Atención a P. en situación de dependencia | 1 | |
CM Atención a P. en Sit. de dependencia | 2 | |
Erasmus+ K103 | ZS Xestión aloxamentos turisticos | 1 |
CS Xestión aloxamentos turísticos | 2 | |
C.S. Dirección Cociña | 3 | |
C.S. Dirección Servizos en Restauración | 1 | |
Z.S. Dirección Cociña | 2 |
Experiencias desenvolvidas durante o curso 2013-2014
En total foron 22 saídas de alumnado a paises como: Alemania, Francia, Italia, Polonia, Reino Unido, na Comunidade Europea e EE.AA como pais extracomunitario. Esta é a distribución de alumnado, por programa e ciclo formativo:
Beca ou axudas recibidas | Ciclo formativo | Nº alumnado |
Leonardo da Vinci | C.M. Panaderia, Reposteria e Confiteria | 4 |
CM Preimpresión Digital | 1 | |
CM Cociña e Gastronomía | 4 | |
Erasmus | C.S. Educación Infantil | 1 |
C.S. Dirección Cociña | 2 | |
C.S. Dirección Servizos en Restauración | 3 | |
Z.S. Dirección Cociña | 5 | |
Orde 24-5-2005 | ZM. Cociña e Gastronomía | 1 |
C.S. Dirección Servizos en Restauración | 1 |