arriba
Mércores, 18-Febreiro-2026

 

 


Biblioteca

Biblioteca - Foto

O noso centro conta con dous espazos adicados a actividades relacionadas coa lectura:

  • Biblioteca do centro, na que se ubican os fondos das familias profesionais :
    • Hostalaría e turismo
    • Industrias alimentarias
    • Artes gráficas
    • Igualdade
    • Fondos varios
  • Biblioteca do Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade, ubicada no edificio anexo e que conta con unha dotación de fondos específicos da Familia Profesional ademais de Igualdade

Blog : Cifpcompostelablog

Biblioteca do CIFP Compostela en Pinterest

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA CIFP COMPOSTELA_ Curso 2025-26

Dende a biblioteca coordínase o obradoiro: Como defendo o meu proxecto final de ciclo?

Apúntate, as prazas son limitadas.

Inscricións: biblioteca.cifp.compostela@edu.xunta.gal

A biblioteca coordina o Obradoiro sobre Iniciación segura á pegada dixital en redes sociais.

Alumnado e profesorado da FP Básica, asistiron ao obradoiro “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”, onde traballaron sobre uso responsable das TIC, reforzando a competencia en redes sociais, facendo fincapé na identidade dixital e na privacidade.


O obradoiro estivo impartido por Claudia Arias, formadora da AMTEGA, coordinado pola biblioteca escolar dentro do marco de accións do Plan Dixital do CIFP Compostela.

Actividades de animación á lectura. Xaneiro chegou cargado de actividades arredor da lectura na nosa cidade.

Profesorado do equipo da biblioteca participou na sesión formativa para docentes da campaña de animación á lectura Ler para crecer na sede de Afundación e representación do equipo directivo e da biblioteca asistiron ao acto de entrega dunha selección de libros editados polo Consorcio de Santiago para achegar ao alumnado o patrimonio cultural, histórico e literario da cidade,no Auditorio de Galicia.
Moitas grazas por contar co noso centro!

IX Semana das Letras Vivas

Loli Beloso levounos da man pola vida e legado de Isaac Díaz Pardo, unha figura imprescindible da cultura e da arte galega. Un encontro para por en valor a creación, a memoria colectiva e a identidade que nos define como pobo.

Non deixedes de visitar a exposición arredor da figura de Díaz Pardo e asúa traxectoria artística.

Máis información no blog da biblioteca: https://cifpcompostelabiblio.blogspot.com/2026/01/as-vidas-de-isaac-diaz-pardo.html

III Concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos

Un ano máis o EDLG e a biblioteca do CIFP Compostela, convídavos a participar no concurso de microrrelatos para reflexionarmos sobre os conflitos bélicos no mes do Día da Paz Mundial.

Consultade as bases no blog da biblioteca:
https://cifpcompostelabiblio.blogspot.com/2026/01/iii-concurso-microrrelatos-sobre-os.html


XIX Encontro galego de Postcrossing

O pasado 8 de xaneiro, a biblioteca do CIFP Compostela acolleu o XIX Encontro Galego de Postcrossing, organizado en colaboración con Diana Pastoriza e coa Fundación ONCE arredor das temática do Braille

Podedes consultar toda a información sobre o evento no blog da biblioteca: https://cifpcompostelabiblio.blogspot.com/2026/01/a-lecto-escritura-no-xix-encontro.html

III Castañazo contra as violencias machistas

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición III Castañazo contra as violencias machistas

Encontro con Arianna Squilloni e Raquel Catalina

O alumnado de 1º e 2º do ciclo superior de Educación Infantil, 1º e 2º de FP Básica e ciclo medio de Artes Gráficas, asistiron ó encontro coas autoras gañadoras do XVIII premio Compostela de álbum ilustrado.

A obra gañadora foi Grande e pequena de Arianna Squilloni con ilustracións de Raquel Catalina.
Queremos agradecer ó Concello de Compostela é á editorial Kalandraka por contar con nós un ano máis.

Obradoiro de baile tradicional con músicas de onte e hoxe que desenvolveu Mondra

O martes 21 o alumnado e profesorado dos Ciclos formativos dos Graos Básicos en Artes Gráficas, Cociña e restauración, Aloxamento e lavandaría, do Grao Medio en Impresión Gráfica e dos Graos Superiores en Educación infantil e Integración social participaron no “Obradoiro de baile tradicional con músicas de onte e hoxe” que desenvolveu Mondra no @cifp.compostela

Esta actividade, organizada polo @edlg_cifpcompostela e @caldodegloria a través da Biblioteca Escolar Solidaria, pretende estimular entre o alumnado a vivencia da música e o baile tradicional galego.

Para quen quedase con ganas de máis, lembrarvos que proximamente empezarán os ensaios do grupo de música tradicional do CIFP Compostela. O “Abadiño Son” xúntase unha vez ao mes no salón de actos para ensaiar. Estade atentas e atentos a partir de novembro!

 img#64522

ACTIVIDADES DA BIBIOTECA CIFP COMPOSTELA_ Curso 2024-25

"As cruces de pedra da Bretaña" de Castelao

Continuamos a celebrar o Ano Castelao.
Os equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega, convidan a toda a comunidade escolar a visitar a exposición A Bretaña que hai en NÓS. "As cruces de pedra da Bretaña" de Castelao, na entrada principal do CIFP Compostela.

Tedes á vosa disposición folletos informativos no CIFP e podedes consultar exposicíón a continuación:


Ciberseguridade e pegada dixital

Alumnado da FP Básica do noso centro asistou hoxe á formación Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais impartida por David Bascoy, experto en ciberseguridade e protección de datos personais organizado pola AMTEGA, Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia.
Esta actividade está coordinada pola biblioteca do CIFP Compostela en relación coa Alfabetización Mediática e Informacional e enmarcada no Plan Dixital do centro.

 img#97556


No mes de marzo, colaboramos dende a Biblioteca na descarga de intervencións artísticas da VIII Festa das Letras Vivas.

Nuria Vil presentou Delicuente

Fixémolo coa proxección do vídeo-poema "Delincuente" de Nuria Vil seguida dun interesantísimo coloquio coa escritora.

Ademais asinou exemplares do seu poemario "Simún" que xa tedes á vosa disposición na biblioteca do centro e agasallounos cunha foto para o noso particular álbum do mural das nosas familias profesionais "En galego tratámonos ben" da artista Ana Santiso.


Grazas mil Nuria Vil!

 img#3260

Un curso máis seguimos co noso programa de Voluntariado, asómate a Biblioteca e anímate a participar!

 img#80181

No mes de marzo visita a selección de libros, empaquetados con agarimo polo equipo de Biblioteca

Durante o mes de marzo atoparás na biblioteca e na entrada principal durante os recreos, unha selección de libros, empaquetados con agarimo polo equipo de biblioteca.
Le a reseña na tapa do libro.
Rexistra o libro na biblioteca.
Goza da lectura!

 img#80181

Africa no Cifp Compostela.

Samuel Mountoumnjou, profesor de linguas e narrador oral, contounos historias de África en francés, nunha actividade participativa, divertida e moi interesante organizada polo departamento de idiomas e a biblioteca coa colaboración do noso club de lectura Caldo de Gloria.

 img#80181

ACTIVIDADES DA BIBIOTECA CIFP COMPOSTELA_ Curso 2023-24

Lembra que neste curso 2023-24 continuamos co noso programa de Voluntariado de biblioteca, anímate a participar!

 img#8182

XIV Encontro Galego de Postcrossing na biblioteca.

 img#5753

Toda a información sobre o evento no blog da biblioteca: https://cifpcompostelabiblio.blogspot.com/2024/05/escribir-biblioteca-escolar.html

 img#74879

Encontro con Lola Varela

Camiñando cara ó 8 de marzo. Encontro coa escritora Lola Varela para comentar o seu libro Feminismo de proximidade

 img#46860

Celebramos o Día de Rosalía con Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz e gañadora do premio nacional de teatro.
As actividades están organizadas polo EDLG e a Biblioteca con especial colaboración dos departamentos de hostalería e turismo e servizos á comunidade.

 img#5094


Uxía Barbeito gaña o concurso de Microrrelatos sobre os conflitos bélicos

A alumna de 2º curso de Integración Social, Uxía Barbeito Morono, é a gañadora do concurso de microrrelatos sobre conflitos bélicos.

O seu microrrelato, "Tres da mañá" acadou a máxima puntuación.

Podedes consultar aquí todos os microrrelatos participantes


Desde o EDLG e a Biblioteca do CIFP Compostela enviamos o noso agradecemento a todo o alumnado participante.

 img#76223

Boni Ofogo. Da oralidade á escrita.

Temos de novo a Boniface Ofogo na biblioteca do CIFP Compostela, un dos narradores preferidos do alumnado de Educación Infantil do noso centro.

Desta volta, Boni impartirá a charla Da oralidade á escrita: A importancia do álbum ilustrado.

Esperámosvos o vindeiro 7 de febreiro ás 10:00 horas na biblioteca.

 img#43065

Poesía para Palestina con Sara Ashour

Poesía para Palestina con Sara Ashour

A biblioteca convidou à Fundaciòn Araguaney para a celebración das xornadas polo día da paz.

Proxectouse a curta Gaza, de Carles Bover Martínez e Julio Pérez del Campo nominada òs premios Goya 2024.
Sara Ashour falou da situación actual na franxa de Gaza e en Cisxordania despois de introducir o contexto històrico. Grazas pola túa xenerosa intervención.

Rematamos con lectura de poemas multilingüe en àrabe, francés, galego e inglés por parte do alumnado dos clubs de lectura.

Máis información no blog da biblioteca.

 img#29645

Xornadas pola Paz no CIFP Compostela_ Luns 29 de xaneiro de 2024

Lectura multilingüe de poemas na biblioteca con Sara Ashour e charla do MPDL (Movemento pola Paz) no salón de actos

               

Concurso de Microrelatos sobre os conflictos bélicos

BASES

Microrrelato individual orixinal e inédito cunha extensión máxima de 100 palabras sobre a temática “OS CONFLICTOS BÉLICOS”, que denuncien, describan ou fagan reflexionar sobre esta cuestión.

O título e o nome e curso do alumnado non contará nesas 100 palabras.

Valorarase a orixinalidade, o contido e a calidade lingüística.

Participantes: Alumnado do CIFP Compostela

Lingua: Galega

Data límite de entrega: 31 de Xaneiro do 2024.

Presentación: Publicar como comentario á entrada do blog cifpcompostelabiblio.blogspot.com indicando nome, curso e ciclo que estades a cursar no CIFP Compostela.

Xurado:

O xurado estará composto por profesorado do Equipo de Dinamización da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Premio: Vale de 50 euros para gastar nunha librería do comercio local

 img#91272

Encontro XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Alumnado do ciclo superior de educación infantil e da FP básica de artes gráficas tiveron a sorte de poder compartir impresións coas gañadoras do XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

Máis información no blog da biblioteca

 img#86278

Curso 2022-23

Antártida, poemario de Iris Carro, chegou á nosa biblioteca

Antártida, poemario de Iris Carro, alumna de segundo curso do ciclo de Integración Social xa chegou á nosa biblioteca con dedicatoria especial para o Club de lectura e profesorado do CIFP Compostela.
Esta é a súa primeira publicación logo de acadar diferentes premios en concursos literarios. Parabéns!

 img#72084       img#72084

A Biblioteca presenta as novidadesde novela gráfica

 img#14212                   img#14212

Que é a novela gráfica?

Aínda non existe unha definición nítida sobre que é unha novela gráfica. Podemos considerar que as obras que fusionan debuxo e narrativa e que tratan temas profundos, mesmo controvertidos, e historias extensas, estarían dentro dese xénero.

Temos moitas novidades. Achégate, de seguro que xuntos atopamos unha que che fará disfrutar!

O equipo da biblioteca do centro, manifesta que:

" Cremos no poder das palabras, na imaxinación, na forza multiplicadora que teñen as historias e no potencial de liberdade que se xera nunha sociedade capaz de ler entre liñas, decodificar discursos e multiplicar as capas de sentido para afastarse dunha mensaxe única."

Para darlle forma a esta crenza, iniciamos, un Ciclo de Lecturas breves, compartidas na biblioteca. Ímolo chamar: Un descanso para lelo xuntos.

Está aberta a toda a comunidade educativa, só temos que dispoñer de ganas e 20 minutos, para ler e conversar ou solo escoitar.

 img#8182



XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.