Emprendemento_Viveiro de empresas

O emprendemento na Formación Profesional: creando oportunidades para o futuro.
O emprendemento é unha ferramenta clave para o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado de Formación Profesional. Fomenta a creatividade, a innovación e a capacidade de tomar decisións, competencias fundamentais para afrontar os retos do mundo laboral actual.
Neste contexto, OS VIVEIROS DE EMPRESAS que se atopan nos institutos de FP xogan un papel esencial. Estes espazos ofrecen ao alumnado un lugar onde converter as súas ideas en proxectos reais, con apoio e asesoramento especializado.
QUE PODES FACER NO VIVEIRO DO CIFP COMPOSTELA.
• Desenvolver e validar as túas ideas de negocio nunha contorna segura.
• Aprender da experiencia de profesionais e mentores.
• Traballar en equipo e mellorar as túas habilidades de comunicación e liderado.
• Prepararte para lanzar os teus propios proxectos ao mercado.
QUE RECURSOS OFRECE O VIVEIRO.
Os servizos dos viveiros son totalmente gratuítos e podes atopar:
INSTALACIÓNS.
• Un espazo con equipos informáticos, internet, teléfono.
• Mobiliario de oficina, fotocopiadora.
• Sala de reunións con proxector.
ASESORAMENTO.
• Servizo de asesoramento para traballar a idea de negocio e solucionar dúbidas.
• Asesoramento por parte do persoal técnico especialista (Cámara de comercio, IGAPE, …)
REQUISITOS PARA ACCEDER O VIVEIRO
• Ser estudante matriculado (ou ter rematado os estudos nos últimos catro anos) nalgunha das seguintes ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia: Formación Profesional, Artes plásticas e deseño; superiores de Deseño; de Con-servación e restauración de bens culturais; de Arte Dramático; de Música; de Danza; Deportivas; Bacharelato e Educación Secundaria para Personas Adultas (ESPA).
• Ter un proxecto empresarial que se vaia desenvolver na Comunidade Autóno-ma de Galicia.
• Presentar un plan de empresa que mostre a viabilidade do proxecto.
• A cesión do viviero terá un prazo de 2 anos.
Participamos no PROGRAMA EDUEMPRENDE.
O plan Eduemprende do sistema Educativo de Galicia ten como obxectivo principal promover a cultura do emprendemento entre o alumnado, proporcionando ferramentas útiles e eficaces. Por isto propóñense unha serie de programas como: visitas a empresas e centros tecnolóxicos, relatorios, formación, concursos de ideas ou actividades de orientación e mentorización.
As nosas actividades enmarcadas no programa EDUEMPRENDE que poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/convocatoria-programas-plan-eduemprende-2025-2026
Así que, te invitamos a visitar o Viveiro de Empresas na Aula 114, e se necesitas máis información ponte en contacto coa nosa Coordinadora de Empredemento Paz Senande, a través do seguinte correo: emprendemento.cifp.compostela@edu.xunta.gal
Foron viveiristas no CIFP Compostela:




















