arriba
Sábado, 6-Decembro-2025

 

 
PortadaseparatorGuía do alumnadoseparatorServizos do centro: Abalar, WIFI, Biblioteca, comedor


Servizos do centro: Abalar, WIFI, Biblioteca, comedor

App abalarPro

A aplicación abalarPro permite a interacción do persoal docente de centros pertencentes á Consellería de Educación coas familias do alumnado a través da mensaxería. O profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos poderá enviar mensaxes individuais, a grupos ou en distintas salas de chat dunha maneira fácil e cómoda.

Esta app forma parte do proxecto Abalar e súmase aos servizos prestados por abalarMóbil.

 img#35763

Ligazón: abalarPro

Abalar:

O alumnado recibirá o seu boletín de cualificacións e distinta información a través de ABALAR, para elo é necesario darse de alta nesa aplicación a que pode acceder o estudantado cando sexa legalmente responsable, así como, os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). Lembrade que os datos deben ser os que constan no CIFP Compostela, proporcionados no momento da matrícula.

 img#6659

Ligazón: abalarMóbil

Máis información en Espazo Abalar

WIFI:

Atopades a información no seguinte enlace: Servizos Dixitais Educativos e no enderezo: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/servizos-dixitais/wifi-alumnado

Biblioteca:

O CIFP Compostela conta cun espazo de Biblioteca no Edificio Central e outro no Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.

O horario de préstamo e atención está exposto na porta de cada un deles, tendo sempre atención e préstamo nos distintos descansos establecidos nos horarios do alumnado.

Podedes consultar os fondos no inicio da web do cifpcompostela.gal   img#33131,  só tes que ticar en Busca Avanzada.

Comedor:

O CIFP Compostela dispón de servizo de comedor de luns a xoves para alumnado que se queda no centro por ter clase pola tarde. O servizo e realizado por alumnado en prácticas na aula taller de comedor ou restaurante. O prezo de xantar está establecido en 5 € día  e as reservas son por días semanales no mes. Na conserxería informan do comenzo do servizo e das reservas e pago dos bonos.


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.