arriba
Sábado, 23-Outubro-2021

 

 
PortadaseparatorGuía do alumnadoseparatorServizos do centro: WIFI, Biblioteca, comedor


Servizos do centro: WIFI, Biblioteca, comedor

WIFI:

Para acceder a WIFI do CIFP, unha vez que vos proporcionemos os vosos datos (usuario e contrasinal), só tedes que seguir as instrucións que vos deixamos no seguinte enlace, é moi sinxelo!: Acceso WIFI do CIFP Compostela.

Biblioteca:

Tal e como establece o Plan Covid do CIFP Compostela para o curso 201-2022. O préstamo de libros será establecido pola Coordinación da Biblioteca e o protocolo de acceso para todos os usuarios/as queda establecido:

o Acceder á biblioteca no horario establecido.
o Manter a distancia de seguridade e utilizar só os postos habilitados (están sinalizados claramente).
o Non compartir ningún tipo de material persoal.
o Hixienizar ás mans a entrada do recinto e á saída
o No coller ningunha referencia a consulta ou préstamo sen previa autorización e desinfección (O material da biblioteca, bolígrafos e referencias sempre pasará por desinfección antes de ser utilizado polos usuarios/as)
o Ao rematar hixienizar o posto que teña ocupado (a tal efecto disporán do material necesario proporcionado polo CIFP)
O equipo de Biblioteca encargarase de organizar:
­ Unha vez devolto os libros ou outro material deberá permaneces en caixas de corentena como mínimo catro horas antes de devolver aos andeis.
Calquera persoa que acceda ás Bibliotecas deberá seguir as medidas habituais no centro:
­ Uso obrigatorio de máscara.
­ Distancia de seguridade de 1,5 m.
­ Medidas de hixiene.

Comedor:

O CIFP Compostela dispón de servizo de comedor de luns a xoves para alumnado que se queda no centro por ter clase pola tarde. O servizo e realizado por alumnado en prácticas na aula taller de comedor ou restaurante. O prezo de xantar está establecido en 5€ día  e as resrvas son por días semanales no mes. Na conserxería informan do comenzo do servizo e das reservas e pago dos bonos. Para xantar neste curso e obrigatorio ter a pauta completa de vacunación acreditada co certificado de vacinación.


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional