Bolsas e ofertas de emprego
Bolsas
Recorden que o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación (MEC) remata o 27 de setembro para alumnado con necesidades específicas e o 1 de outubro para o resto do alumnado. Para información e solicitudes prema na seguinte ligazón:
Bolsa de emprego
O CIFP Compostela, pon a disposición do seu alumnado e para empresas colaboradoras unha bolsa de emprego, coa que pretendemos axudar na busca de emprego nas diferentes especialidades impartidas ao longo da historia do centro. Este servizo é gratuíto para todo o alumnado matriculado e antigo alumnado, que desexe incorporarse a algunha das prazas de traballo ofertadas.
Se estudas ou estudaches no CIFP Compostel só tes que darte de alta nesta web en Emprego / Bolsa de emprego