Formación en centros de traballo
A Formación en Centros de Traballo é un módulo profesional, que se realiza en empresas coas que o CIFP Compostela ten un convenio de colaboración. Nesas empresas realizará, baixo a supervisión dun/ha titor/a no centro de traballo e outro/a do CIFP Compostela as actividades produtivo formativas, para as que se formou vostede, no CIFP Compostela. Desenvolverá as capacidades adquiridas previamente, nun entorno produtivo.
Accederase á FCT una vez superados os todos os módulos do ciclo formativo.
A FCT, comenzará de forma normal en abril, no terceiro trimestre do segundo curso. Para o alumnado da oferta modular, será habitualmente no primeiro trimestre do terceiro curso.
O alumnado accede á FCT na empresa asignada polo equipo docente, respectando as seguintes condicións: CLAUSULAS DE CONVENIO CON EMPRESAS PARA FCT
Exención do módulo de FCT.
A solicitude de exención do módulo de FCT presentarase segundo establecen os Artigos 41 e 42 da Orde do 12 de xullo de 2011, pódese acceder ao formulario no seguinte enlace: Solicitude de exención do módulo de FCT pola correspondencia coa práctica laboral. Esta solicitude irá acompañada de: Vida laboral e Certificado das actividades desenvolvidas nas empresas.
Para saber máis: