arriba
Luns, 19-Abril-2021

 

 
PortadaseparatorOrientación (DIOP)


Orientación (DIOP)

A continuación presentamos a Carta de Servizos do Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP Compostela:

Procedemento de Acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral ou da formación.
Este procedemento desenvolverase segundo a convocatoria que publique a Consellería de Educación. Trátase dunha intervención externa ao centro, destinada a persoas que non están matriculadas no sistema educativo oficial. O DIOP, elabora un Informe coa orientación académica e profesional para cada familia profesional. Este Informe será entregado a cada un dos candidatos seleccionados na primeira entrevista grupal do procedemento:

  • ­ Familia Profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade
  • ­ Ciclo Formativo de Grao Superior de Educación Infantil
  • ­ Familia Profesional de Hostalaría e Turismo
  • ­ Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e Gastronomía

Podedes atopar máis información na pestana Oferta educativa/Acreditación de Competencias

Convocatoria de exames para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior de ciclos de formación profesional
Este procedemento desenvolverase segundo a convocatoria que publique a Consellería de Educación. Trátase dunha intervención externa ao centro, destinada a persoas que non están matriculadas no sistema educativo oficial. Se lles proporciona a información e orientación académico-profesional sobre os requisitos de participación, validacións e outras alternativas académicas segundo cada persoa que así o solicite.

Facilitar todo tipo de información sobre a Formación Profesional
Ofrecer información sobre a Formación Profesional, concretamente:

  • ­ Información sobre a oferta e organización da Formación Profesional.
  • ­ Información específica sobre a Formación en Centros de Traballo.
  • ­ Información sobre Inserción Laboral.

Facilitar toda a información e orientación profesional
Ofrecer información e orientación profesional, concretamente:

  • ­ Información sobre acceso a la universidade
  • ­ Información sobre acceso a ciclos medios e superiores.
  • ­ Información sobre as probas libres.
  • ­ Información sobre acreditación de competencias.
  • ­ Información sobre os cursos de especialización.
  • ­ Información acceso ao mundo laboral.
  • ­ Información sobre Inserción Laboral.

Lembrade que podedes visitar o Departemento de Información e Orientación Profesional no CIFP Compostela ou contactar a través do correo orientacion.cifp.compostela@edu.xunta.gal