Igualdade

Benvidas e benvidos ao espazo de Igualdade do CIFP Compostela.
Consulta as nosas actividades na rede!!!:
- Blogue Morgana. Grupo de Igualdade do CIFP Compostela
- Canal de Youtube do Grupo Morgana Igualdade Compostela
- Instagram do CIFP Compostela
Consulta o noso Plan de Igualdade, do que se fixeron adaptacións nos últimos cursos en función da crise sanitaria. Plan que forma parte da guía de Prácticas para a igualdade de xénero na FP da Consellería.
O dia 08/11/2022, a FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) deu unha charla ao alumnado dos ciclos de Educación infantil, Integración social e Atención a Persoas en situación de dependencia, en relación ás boas prácticas de atención a mulleres xordas vítimas de violencia de xénero ou en risco de sufrilo.
Actividade enmarcada nas actuacións que se levarán a cabo no CIFP Compostela polo 25N.
Actividade equipo de igualdade:
O martes, 22 de novembro, e dentro das actuacións enmarcadas na conmemoración do 25N, terá lugar no salón de actos a actuación da contacontos María da Pontragha, de 11 a 12 horas.
A reserva de prazas realizarase a través dos correos enviados polo profesorado á seguinte dirección: igualdade.cifp.compostela@edu.xunta.gal