arriba
Sábado, 23-Outubro-2021

 

 
PortadaseparatorInformación COVID _CIFP CompostelaseparatorConsideracións previas_COVID


Consideracións previas_COVID

Dende o CIFP Compostela dámoste a benvida ao curso 2021/22.

Pola situación excepcional que estamos a vivir, pregamos lembres algunhas medidas importantes:

  • ­Por favor! Realiza a autoavaliación antes de vir ao CIFP Compostela, se tes un síntoma non te achegues ao CIFP e avisa da túa ausencia preferentemente no correo do CIFP cifp.compostela@edu.xunta.gal só, se non é posible, comunicar no teléfono 881866570
  • Entra ao CIFP Compostela pola porta asignada.
  • Esquecícheste de tomar a temperatura??. Podes facelo no CIFP, hai puntos de toma de temperatura habilitados.
  • Avisa inmediatamente se tes algún síntoma compatible coa COVID e xa estás no CIFP Compostela.
  • Mantén unha distancia interpersoal de, polo menos, 1,5 metros nas interaccións entres as persoas e de 1,2 na aula ordinaria.
  • Usa a máscara, é de uso obrigatorio sempre no recinto escolar, con independencia do mantemento da distancia interpersoal.
  • Realiza unha hixiene correcta de mans (non te esquezas na entrada e saída das aulas).
  • Atende sempre as instrucións dadas polo profesorado nos talleres e aulas.
  • Se cambias de aula, non te esquezas de desinfectar o teu posto outra vez.
  • Recorda que se estas parcialmente e en situación de corentena, utilizarse como medio de formación a aula virtual.

Agradeceríamos que:

  • Teñas a man os datos do teu médico e centro médico de referencia.
  • En caso de ter que ir ao espazo de illamento da Covid 19, lémbrate de recoller e levar as túas pertenzas persoais.

Moitas grazas!


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional