Validacións e exencións
Validacións e exencións
Algunhas consideracións xerais:
- A validación require a matrícula previa do alumnado no módulo que se desexa validar. Excepción: oferta modular.
- Os módulos idénticos (mesmo código e mesma denominación) non se validan. Trasládase a cualificación obtida, coa solicitude de matrícula (agás os módulos de Dixitalización aplicada aos sectores productivos e Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo).
- A formación en empresa ou organismo equiparado no réxime xeral non poder ser obxecto de validación pero si de exención total ou parcial.
- O módulo de Proxecto intermodular ou o módulo de Proxecto ou Proxecto integrado hai que cursalos sempre (nos ciclos que o inclúan). Non é posible validalo.
- Os módulos profesionais e as materias de estudos universitarios oficiais que fosen previamente validados, recoñecidos ou superados por compensación non poderán ser achegados para solicitar a validación doutros módulos profesionais.
- A experiencia profesional e a formación non formal non poderán ser achegados para a validación de módulos profesionais de títulos de formación profesional do sistema educativo, se non foron obxecto de recoñecemento a través dun procedemennto de acreditación de competencias profesionais.
- A validación de módulos profesionais non será efectiva ata que o alumnado presente a resolución favorable correspondente na secretaría do centro onde estea matriculado/a. Mentres non estea en posesión da resolución, o alumnado deberá asistir ás actividades docentes e será avaliado ata ese intre.
- Deberedes pensar nos efectos académicos das validacións:

Resolución polo centro educativo
O procedemento xeral para realizar a validación entre módulos que son competencia da dirección do centro educativo é o establecido no artigo 41 da orde do 12 de xullo de 2011, o alumnado poderá solicitar as validacións nos primeiros vinte días (20) días dende o inicio das clases utilizando o modelo correspondente (anexo XIV desta orde), que podedes descargar no enlace que tedes neste apartado ou que vos proporcionarán na Secretaría do centro, solicitude que deberá ir acompañada polo DNI e certificación académica oficial dos estudos cursados, certificado de profesionalidade elaborado a partir do Catálogo nacional de cualificacións profeisonais ou acreditación parcial de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será necesaria en caso de que a persoa solicitante autorice a consulta de datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.
Ao modelo de solicitude da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional pode accederse dende o seguinte enlace: Solicitude de validación de módulos profesionais.
Resolución polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
O procedemento ven establecido Real Decreto1085/2020 do 9 de decembro. O prazo da solicitude está aberto dende o inicio da matrícula ata a finalización do curso escolar utilizando o modelo correspondente (anexo V do Real Decreto) que tamén podedes descargar no enlace que tedes neste apartado, deberedes indicar de forma expresa o código e a denominación exacta do/s módulo/s profesionais para os que se fai a solicitude e aportar a certificación académica oficial na que conste a cualificación obtida nas materias ou nos módulos profesionais cursos e no caso de validación con estudos universitarios: copias do programas oficiais das materias cursadas, debidamente seladas polo centro universitario correspondente e certificación da universidade na que conste que os programas que se xunta son os realmente cursados e superados polo alumno/a.
Ao modelo de solicitude do Minisiterio de Educación, Formación Profesional e Deportes pode accederse dende o seguinte enlace: "Solicitud de convalidación de Módulos de Formación Profesional".
Tede en conta neste caso que:

Fonte e máis información de intrese en: https://www.edu.xunta.gal/fp/validacion-modulos-profesionais
Exención da Formación na empresa ou organismo equiparado e o módulo de FCT
Consideracións xerais:
- Realizarase únicamente co alumnado que realice a súa formacón polo réxime xeral (a duración da formación en empresa estará entre o 25% e o 35%), polo tanto non procede a exención do alumnado que realice a súa formación polo réxime intensivo (formación en empresa estará entre o 35% e o 50%)
- Tanto para a formación na empresa ou organismo equiparado como para o módulo de FCT, a xustificación da experiencia laboral realizarase de conformidade co disposto no apartado 3 do artigo 177 do Real Decreto 659/2023
- A exención da formación na empresa ou organismo equiparado quedará recollida nos documentos de avaliación e non afectará as cualificacións dos módulos profesionais aos que pertenza os resultados de aprendizaxe compartidos entre o centro educativo e a empresa.
- A exención poderá ser total ou parcial, atendendo ás tarefas profesionais desempañadas e o seu grado de coincidencia cos resultados de aprendizaxe.
Requisitos:
Experiencia laboral mínima:
- Graos D*: un ano ou o seu equivalente que se corresponda coa oferta formativa que curse.
- Graos E: seis meses ou o seu equivalente que se corresponda coa oferta formativa que curse
*Nos graos D queda exceptuados da posible exención, ciclos de grado superior da familia profesional de Sanidade (ciclos dos que non ten oferta o CIFP Compostela).
Para mais nnformación preme os seguintes enlaces:








