arriba
Martes, 11-Novembro-2025

 

 


Faltas de asistencia

A Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial,   regula as faltas de asistencia do alumnado, asi como a avaliación.

O número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10% de inasistencias inxustificadas con respecto da duración total do módulo.

Consideracións:

  • Segundo o artigo 20.5 da Orde do 13 de xullo de 2015 polas que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica, a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo non lle será de aplicación ao alumnado de ciclos formativos de grao básico en idade de escolarizacion obrigatoria.
  • A perda do dereito á avaliación continua non será de aplicación ao alumnado de cursos de especialización.

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.