arriba
Domingo, 7-Decembro-2025

 

 


Baixa de oficio e anulación de matrícula

Anulación e baixa de oficio

O alumnado que non asista durante os cinco primeiros días lectivos do curso, será notificado para que no plazo máximo de tres días contados dende o recibo da notificación, se incorpore de inmediato ou xustifique debidamente a inasistencia. De non ser así poderá ser dado de baixa de oficio. (Artigo 10 da Orde do 12 de xullo de 2011). Entederase que o requerimento realizado polo centro ao alumnado se realiza a través do sistema de información Abalar ou da aplicación AbalarMóbil (no caso de non estar dispoñibles farase a través do correo electrónico facilitado polo alumnado na solicitude de admisión ou matrícula) (Artigo 2.2 da Resolución do 11 de xullo de 2025, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2025-26)

As alumnas/os poderán tamén solicitar a anulación da matrícula una semana antes da finalización do proceso de matrícula (Artigo 9 da Orde do 12 de xullo de 2011).

Aquelas/es alumnas/os que non asistan inxustificadamente de xeito continuado durante 15 días ou 25 días de xeito descontinua causarán baixa de oficio (Artigo 10 da Orde do 12 de xullo de 2011).

No caso de alumnado de FP Básica en idade de escolarización obrigatoria, aplicarase soamente, por petición por parte do pai, da nai ou do titor/a legal a renuncia nos casos indicados na resolucion do 11 de xullo ou a anulación de matrícula na primeira semana de actividades lectivas do primeiro curso do ciclo formativo.

A comunicación ao alumnado, ou a ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal, de ser o caso, poderase realizar empregando medios electrónicos. No caso de optar por unha comunicación por medios electrónicos, empregarase obrigatoriamentes o sistema de información Abalar ou a aplicación AbalarMobil (Artigo 2.3 da Resolución do 11 de xullo de 2025, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativao no curso 2025-26)


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.