arriba
Venres, 13-Decembro-2024

 

 


Traslado e renuncia á matrícula

Traslado

O traslado solicitarase no centro onde se queren seguir cursando os estudos e deberá xustificarse por causa de doenza, traballo ou traslado de domicilio de titores legais. Nunca se autorizará de perderse o dereito á avaliación continua, renunciase ou causase baixa. Non se tramitarán solicitudes durante o último mes antes da avaliación final ou a previa á FCT (Artigo 14 da Orde do 12 de xullo de 2011).

Renuncia

Un/ha alumno/a poderá renunciar á avaliación e cualificación da totalidade dos módulos do ciclo (ou de forma parcial en réxime de adultas/os) de forma razoada cunha antelación mínima de dous meses antes da avaliación final en primeiro curso ou da avaliación previa a FCT en segundo (Artigo 8 da Orde do 12 de xullo de 2011).


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.