arriba
Mércores, 31-Maio-2023

 

 


Emprendemento

O contexto produtivo no que se atopa o CIFP Compostela, satisface ás necesidades formativas e de inserción laboral, das familias profesionais de Artes Gráficas, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Industrias Alimentarias e Hostalaría e Turismo.

O CIFP Compostela pretende impulsar proxectos relacionados coa cultura emprendedora, así como apoiar proxectos no ámbito do centro integrado, e formular propostas para fomentar a cultura emprendedora nas actividades que se desenvolvan no centro.

Se analizamos o contexto socieconómico actual, decatámonos do profundo cambio que se está operando na nosa sociedade: o elevado desemprego en certos sectores fai que, tanto as relacións de traballo como as formas de traballar (cada vez prolifera máis a subcontratación), estean sufrindo unha gran transformación, polo que a creación de empresas aparece como un importante motor de xeración de emprego na nosa contorna.
Dende fai máis dunha década, a Unión Europea vén considerando que o fomento do espírito emprendedor é a clave na creación de emprego e na mellora da competitividade e o crecemento económico. Así, a partir do Consello Europeo de Lisboa de marzo de 2000, a educación no espírito emprendedor foi definida como o motor para unha cultura empresarial máis dinámica.

No ámbito galego, e concretando a nosa actuación, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e no DECRETO 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional establece a figura do coordinador ou coordinadora de Emprendemento dentro do departamento de Información e Orientación Profesional, e recolle no art. 33 as funcións do coordinador ou da coordinadora de emprendemento

As accións de emprendemento van dirixidas preferentemente a alumnado que cursa o seu segundo curso do ciclo formativo, así como as persoas que xa remataron os seus estudos. No CIFP Compostela e, dende a Coordinación de Empredemento do CIFP Compostela, planificáronse como obxectivos para este curso: 2020-2021:

• Difundir e xestionar o viveiro de empresas do CIFP Compostela.
• Fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado do Centro: perfil do emprendedor/a, vantaxes e desvantaxes de crear empresa ou traballar por conta propia allea, inquedanzas de traballar por conta propia.
• Participación do alumnado en concursos sobre emprendemento, que poña en marcha a Consellería de Educación ou outras entidades públicas ou privadas.
• Darlle presencia no CIFP Compostela a as empresas que se poidan crear no viveiro, mediante a sua participación no programa “Actúa”, “FP Innova”, etc, posibles charlas ao alumnado e calquer outra actividade que axude á sua difusión

Podedes visitar o Viveiro de Empresas na Aula 114 ou revisar máis información na pestana Emprego/Empredemento_Viveiro Empresas


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.