Admisión e matrícula_2024-2025
Información xeral de admisión. Curso 2024/2025
As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
A normativa reguladora do proceso de admisión pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-ensinanzas-fp
Enlace onde atoparedes as instrucións xerais no proceso de admisión e o seu calendario para:
Oferta ordinaria
Oferta modular
FP básica
FP dual intensiva
Cursos de especialización
MATRÍCULA PARA 2º CURSO DO RÉXIME ORDINARIO
O procedemento de solicitude e matrícula en 2º curso non está centralizado, non poderá utilizarse o asistente web para realizar a solicitude.
*Alumnado con paraza garantida por pasar de 1º a 2º curso ou repetir 2º por primeira vez no mesmo centro e ciclo: cumprirá que realice a solicitude no período correspondente, desde o 24 de xuño ás 9.00 horas ata o 4 de xullo ás 13.00 horas, e que a entregue no centro no que vaia cursar os estudos. Non será preciso que no perídodo de matrícula volva cubrir o impreso de matrícula.
Fonte e máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25