arriba
Sábado, 12-Xullo-2025

 

 
PortadaseparatorOferta educativaseparatorAdmisión e matrícula_2025-2026


Admisión e matrícula_2025-2026


Admisión FP 2025-2026

As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Cada tipo de oferta, modalidade e grao ten un proceso de admisión diferenciado. Consulte as instrucións xerais e os calendarios.

Instrucións xerais
Calendarios

Nas seguintes ligazóns da web da Consellería estarán dispoñibles as guías rápidas de cada proceso.

Oferta ordinaria
Oferta modular
FP básica
FP dual intensiva
Cursos de especialización

IMPORTANTE: Como novidade neste curso contades cun Asistente informático

O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización.

En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación.

Por favor! consultade toda a información e prazos no seguiente enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/asistente-informatico

Fonte e máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-25-26


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.