Caldo de gloria
Actividades do club de lectura Caldo de gloria do CIFP Compostela:
Lembrade que podedes seguir a Caldo de gloria en:
IG: https://www.instagram.com/caldodegloria/
Twitter: https://twitter.com/CaldodeGroria
Club de lectura do profesorado do mes de xanerio de 2025
Club de lectura do profesorado do mes de novembro de 2024
Encontro arrredor da obra poética de Charo Lopes.
Club de lectura do profesorado do mes de outubro de 2024
Comeza o club de lectura
Xa temos data para a primeira sesión do club de lectura do profesorado. O día 23 de outubro ás 14:00 horas comentaremos Seique de Susana Sánchez Aríns e contaremos coa presenza da autora.
Club de lectura do profesorado do mes de xuño de 2024
Rematamos o curso con Silencio administrativo de Sara Mesa
O Club de Lectura Caldo de Gloria do CIFP Compostela na Revista EDUGA.
No nº 87 de revista EDUGA vense de publicar:
Exemplos de boas prácticas. Club de lectura Caldo de Gloria. Tres anos de historia, coordinado pola nosa compañeira Mercedes Teijeiro Gato, artigo que destaca a traxectoria do club de lectura Caldo de Gloria no CIFP Compostela, que, como ben sabedes, naceu tras a pandemia para dinamizar a biblioteca e fomentar a lectura entre un alumnado moi diverso. Ao longo de tres anos, o club organizou múltiples actividades, desde encontros con autores e autoras e proxeccións de documentais ata concursos en redes sociais e rutas literarias. Estas actividades promoveron a lectura, fortalecendo a comunidade educativa e convertendo a biblioteca nun centro activo de cultura e aprendizaxe.
Gracias a todos e todas!
Caldo de gloria, presente na XVI Xornadas de Clubs de lectura
Caldo de gloria, o club de lectura do noso centro, estivo presente na 16 Xornada de Clubs de lectura celebrada no edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Consulta o programa:
Club de lectura do profesorado do mes de maio de 2024
Caldo de gloria colabora no VII Semana das Letras Vivas
Club de lectura do profesorado do mes de abril de 2024
Club de lectura do profesorado do mes de marzo de 2024
No club de lectura do profesorado do mes de marzo, comentaremos Furia de María Reimóndez
Club de lectura do profesorado do mes de febreiro de 2024
El retrato de casada de Maggie O´Farrel no club de lectura do profesorado do mes de febreiro
Club de lectura do profesorado do mes de xaneiro de 2024
Azucre de Bibiana Candia
Azucre, tal y como indica Juan Tallón, “es un viaje al horror, y tan bien contado que no quieres abandonarlo”. Un viaje hipnótico, evocador, que denuncia e informa, que recupera un pasado oscuro de nuestra historia, y que nos introduce de lleno en el terrorífico mundo de los imperialismos y las conquistas territoriales decimonónicas. En resumen, un infierno como el de Dante, o como el de El corazón de las tinieblas, que te dejará sin respiración y que devorarás de principio a fin de una tacada.
Club de lectura do profesorado do mes de decembro 2023
Rematamos o trimestre arredor da obra da polifacética escritora Andrea Nunes Brións que nos visitará o vindeiro martes 19 de decembro.
O alumnado de cociña está a preparar un menú temático a partir da portada do poemario Diáspora do amor balea.
Podedes consultar aquí o proxecto do colectivo poético audiovisual as Candongas do quirombo do que forma parte a autora
Club de lectura do profesorado do mes de novembro 2023
As alumnas de Paula Carballeira
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA 2023
PREMIO FOLLAS NOVAS 2023 Á MELLOR OBRA DE TEATRO
Esta peza de teatro foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.
Club de lectura do profesorado do mes de outubro 2023
Comeza o club de lectura do profesorado con Avelaíñas eléctricas de Sica Romero. Con menú temático!
Quremos parabenizar á autora que ven de acadar o XXVII premio San Clemente por esta obra.
Caldo de Groria & Postcrossing
Ó longo do presente curso escolar estivemos a traballar na elaboración dunha páxina web. A proposta nace para dar visibilidade o proxecto de Postcrossing iniciado nos diferentes grupos de inglés do club de lectura Caldo de gloria e que trascendeu ás aulas da profesora Mercedes Teijeiro coa colaboración de Rachel Stegmeier, asistente lingüística Fullbright.
Botádelle unha ollada ós resultados aquí: Caldo de Groria & Postcrossing
Sesión final do grupo Sopa de letras
Rematamos as sesións do grupo Sopa de letras, un dos noso clubs máis activos durante este curso escolar 2022-23 co comentario de Fora do normal de María Reimondez
Club de lectura do profesorado do mes de maio
No mes de maio imos a comentar outra obra da escritora irlandesa Maggie O´Farrel, The Vanishing Act of Esme Lennox. Con menú temático!
Sesións finais clubs de lectura en inglés
Despois do éxito de We All Should Be Feminist, poñemos o ramo ós clubs de lectura de inglés con Dear Ijeawele or a Feminist Manifesto in Fifteen Suggestions de Chimamanda Ngozi Adichie.
Sexta sesión do grupo Sopa de letras
O grupo Sopa de letras remata as sesións do club de lectura do curso 2022-2023 comentando a obra protagonizada pola irmás Touza, Memoria do silencio de Eva Mejuto.
Club de lectura do profesorado do mes de abril
Este mes de abril comentaremos a novela El lugar da premio nobel de literarura Annie Ernaux.. Con menú temático!
Encontro con Luca Chao. Feminismo e cen palabras
O pasado martes, 18 de abrila a politóloga e escritora Luca Chao visitou o noso centro para presentar o libro, Feminismo en cen palabras, falar polo miúdo e debater co alumnado termos e conceptos tanto básicos como máis complexos sobre o feminismo e a igualdade.
A través da presentación deste diccionario quedounos moi clara a importancia que ten o coñecemento e bo uso da linguaxe para pensar e reintepretar o mundo.
Moitas grazas pola túa xenerosidade, Luca. Agardamos pola túa seguinte publicación!
Quinta sesión do grupo Sopa de letras
Á volta das vacacións o grupo do club de lectura Sopa de
Letras comentará Supersaurio de Meryem El Mehdati
Caldo de gloria nos Encontros do Plan de Mellora de bibliotecas escolares 2023
O xoves 30 de marzo, a coordinadora do club de lectura Caldo de gloria participou no coloquio: Boas prácticas en bibliotecas escolares nas xornadas de formación nos #EPLAMBE23 para falar do club de lectura do noso centro e do proceso de renovación da biblioteca e o traballo que se está a realizar.
Programa dos #EPLAMBE23
Caldo de gloria e Postcrossing
Visita a exposición na biblioteca para descubrir o noso proxecto. Non esquezas escanear o código QR
Encontro con Tristán Ron
O vindeiro venres, o club de lectura Caldo de gloria organiza o encontro co escritor Tristán Ron que presentará o comic O navegante. Unha viaxe a bordo da sala Nasa.
Club de lectura do profesorado do mes de marzo
As malas mulleres de Marilar Alexandre, unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX.
Antártida, poemario de Iris Carro, chegou á nosa biblioteca
Antártida, poemario de Iris Carro, alumna de segundo curso do ciclo de Integración Social xa chegou á nosa biblioteca con dedicatoria especial para o Club de lectura e profesorado do CIFP Compostela.
Esta é a súa primeira publicación logo de acadar diferentes premios en concursos literarios. Parabéns!
Cuarta sesión do grupo Sopa de Letras
Despois do éxito acadado na sesión do club de lectura do profesorado o grupo Sopa de letras comentará a obra Hanmet que están a ler en castelán e inglés
O EDLG e o club de lectura Caldo de Groria argallaron unha programación de luxo para celebrar o Día de Rosalía de Castro
Preparade os vosos poemas! Realizaremos unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro en versión multilingüe na entrada principal. Non faltará a desgustación do caldo de gloria preparado polo alumnado do profesor Rafael Brantuas.
O día de Rosalía 2023 en imaxes
O 23 de febreiro vivimos unha intensa xornada no CIFP Compostela para conmemorar o nacemento da autora Rosalía de Castro organizada polo club de lectura Caldo de Groria e o EDLG.
Queremos agradecer a participación activa por parte do alumnado e profesorado do centro e especialmente ás nosas convidadas de honra, Uxía Senlle e Ana Romaní.
Na quenda de mañá Uxía, acompañada polos múscos Sergio Tannus e Santi Cribeiro presentou o especáculo Uxía canta a Rosalía.
Na quenda de tarde a escritora´, comunicadora e académica Ana Romaní presentou A desvértebra acompañada polo músico Chus Silva.
Non faltou o caldo de gloria e a lectura pública de poemas.
O 14 de febreiro o alumnado de inglés de 1º curso do ciclo XAT Dual participou no XI Encontro Galego de Postcrossing:
Amosa o teu amor polas linguas celebrado na biblioteca da Escola de Idiomas de A Coruña,organizado e coordinado por Diana Pastoriza e profesorado da EOI.
O evento estaba dirixido a practicar a lecto-escritura en diferentes linguas e o noso alumnado participou nas seccións de inglés, galego, castelán e francés.
Foi unha experiencia moi enriquecedora onde tamén tivemos a oportunidade de presentar o proxecto de poscrossing do CIFP Compostela que o alumnado está a desenvolver este curso a través do club de lectura.
Club de lectura do profesorado mes de febreiro
"A desvértebra é un territorio literario, xeográfico e político que Ana Romaní cartografía co rigoroso instrumental do poema, convertido aquí na substancia dun corpo común, social, inmobilizado, pero tamén nun exercicio liberador de ironía e irreverencia paródica". Chan da Pólvora editora
Podedes escoitar aquí unha audiografía de Chis Silva e Ana Romaní sobre A desvértebra
Terceira sesión do grupo Sopa de Letras
Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño na terceira sesión do grupo Sopa de letras do club de lectura Caldo de gloria
Club de lectura do profesorado mes de xaneiro
En colaboración con EDLG, o pasado 17 de xaneiro tivemos a visita de Os Tres Pés no CIFP Compostela. A banda formada por Roberto Sobrado, Xosé Constela e O Leo presentaron o seu proxecto Tres Pés para un Suso con poemas de Alfredo Brañas, Celso Emilio Ferreiro, Bernardino Graña, Manuel María e Darío Xohán Cabana con música de Suso Vaamonde.
Continuamos con poesía. Comentaremos O herbario de Emily Dickinson en versión bilingüe na edición de Ya lo dijo Casimiro Parker editora.
Na primeira sesión do club de lectura do profesorado do ano 2023 comentaremos a biografía ficcionada O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila acompañada de menú temático preparado para a ocasión.
Segunda sesión do grupo Sopa de Letras
Rematamos o primeiro trimestre coa poesía de Penúltimas tendencias do autor Carlos Negro. Lectura de versos para romper as costuras do silencio e comentario do libro donde non todo vai ser cool&trendy&fashion
Cartaz eleborado polo alumnado de 1º FP Básica de Artes Gráficas
Club de lectura do profesorado do mes de decembro
Rematamos o trimestre coa lectura de Hamnet da escritora irlandesa Maggie O´Farrell, traducido por Concha Cardeñoso
Unha novela que transita entre ficción e realidade e afonda sobre a vida familiar, o amor e a perda.
A sesión de debate estará acompañada por un menú temático de Nadal
Sopa de letras, novo grupo do club de lectura
Primeira sesiòn do grupo Sopa de letras, un novo club aberto ò alumnado de todos os ciclos en horario de tarde e con Teresa Rey Pazos como mediadora
Agradecementos ò alumnado de 1⁰ FP Bàsica de Artes gràficas por este cartaz tan bonito.
Club de lectura do profesorado do mes de novembro
Canto eu e a montaña baila de Irene Solá é a obra elixida para o club de lectura do profesorado do mes de novembro. Esta primeira sesión estará acompañada de un menú temático con opción vexetariana preparado polo alumnado de Rafael Brantuas que degustaremos no gastrobar do CIFP Compostela grazas á colaboración do alumnado do profesor Manuel Brea.
Comezamos con un bo número de profesorado de nova incorporación que esperamos poder fidelizar durante todas as sesións do curso escolar.
Coffee sessions e Club de lectura en inglés
Novembro chega cheo de novidades. Voltamos coas Coffee sessions e o club de lectura en inglés. As primeiras sesións estarán dedicadas á obra poética de Emily Dickinson.
Presentación dos clubs de lectura 2022-23: Caldo de Groria
Caldo de Groria nas Xornadas da FP Básica
As actividade desenvolvidas nos clubs de lectura da FP Básica no curso 2021-2022 no CIFP Compostela foron seleccionadas como experiencias de boas prácticas e innovación educativa.
Co relatorio Club de lectura: unha ferramenta cargada de futuro. Experiencias FP Básica. Club de lectura Caldo de Groria dimos a coñecer o noso traballo nas Xornadas da FP Básica o día 4 de outubro en Santiago de Compostela
XIV Xornada dos clubs de lectura: O club de lectura Caldo de Groria participou na Mesa de experiencias arredor dos clubs de lectura:
IES XELMÍREZ I: Rodrigo Ruíz Beiras
CIFP COMPOSTELA: Mercedes Teijeiro Gato
CEIP DE LAREDO: Manuel Bragado Rodríguez
CEIP DE CERVO: Paula Otero Freijomil
Aquí podedes ver a mesa: https://www.youtube.com/watch?v=h2kcDx1NPWU
Club de lectura do profesorado do mes de xuño
Broche de ouro do club de lectura do profesorado con Alba de Groria de Castelao ilustrado por Ana Santiso
Club de lectura do profesorado de mes de maio:
No mes de maio chega a poesía ó club de lectura co Long Play de Lois Pérez.
Maridaxe " Viños e Versos" .
Introdución dos viños presentes na obra Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán da man do profesor Marcelo Vidal con cata poético-musical co alumnado dos clubs de lectura de Educación Infantil e Café con Letras.
No recitado de poemas, voz: Suso Sam, música: Belén Fernández
Club de lectura do profesorado do mes de abril:
Panza de Burro de Andrea Abreu
Unha lectura que non deixará a ninguén indiferente.
O alumnado de FP Básica asiste á películao Suffregette no NUMAX e visita a exposición Indómitas na sede de Afundación:
Alumnado da FP Básica do CIFP Compostela asistiu ó visionado en versión orixinal da película Suffragette da directora Sarah Gavron na sala Numax.
Complementouse a actividade coa visita guiada á exposición de fotografía INDÓMITAS. Historias que abren camiño na sede de Afundación.
Actividades coordinadas por profesorado do departamento de idiomas e o club de lectura Caldo de Groria
O cLub de lectura do CIFP Compostela estará no II Congreso Estatal de Educación de Personas Adultas que se celebrará os días 11 e 12 de marzo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela en formato híbrido (on line e presencial).
Podedes consultar o variado programa nos seguintes enlaces:
On line
Presencial
Club de lectura do profesorado de mes de marzo: 09 de marzo de 2022 Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño.
Día de Rosalía 2022
O club de lectura Caldo de gloria do CIFP Compostela en Santiago de Compostela organizou diferentes actividades para celebrar o Día de Rosalía 2022.
O día 23 ás 18:00 h. na Biblioteca Recital poético musical. Alumnado Ciclo superior Modular de Educación Infantil
19:00 h na Biblioteca. Lectura do manifesto de Beatriz Maceda Abeleira promovido pola AELG. Profesorado e alumnado do Club de lectura
O día 24 alumnado dos ciclos de Dirección cociña e Dirección de servizos elaboraron e serviron un caldo de gloria na entrada principal do centro. O alumnado participante(todos os ciclos) leron poemas de Rosalía.
M: a partir das 12:30
T: a partir das 18:30
Non faltaron os pensamentos que plantaremos ó remate das actividades.