arriba
Venres, 13-Decembro-2024

 

 


Emprendemento

As accións de emprendemento van dirixidas preferentemente a alumnado que cursa o seu segundo curso do ciclo formativo, así como as persoas que xa remataron os seus estudos. No CIFP Compostela e, dende a Coordinación de Empredemento do CIFP Compostela traballamos en:

• Difundir e xestionar o viveiro de empresas do CIFP Compostela.
• Fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado do Centro: perfil do emprendedor/a, vantaxes e desvantaxes de crear empresa ou traballar por conta propia allea, inquedanzas de traballar por conta propia.
• Participación do alumnado en concursos sobre emprendemento, que poña en marcha a Consellería de Educación ou outras entidades públicas ou privadas.
• Darlle presencia no CIFP Compostela a as empresas que se poidan crear no viveiro, mediante a sua participación no programa “Actúa”, “FP Innova”, etc, posibles charlas ao alumnado e calquer outra actividade que axude á sua difusión

Podedes visitar o Viveiro de Empresas na Aula 114 ou revisar máis información na pestana Emprego/Empredemento_Viveiro Empresas

O noso coordinador é Fernando Regueira Veiga.

O correo de contacto: viveiro.cifp.compostela@edu.xunta.gal


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.