arriba
Sábado, 15-Marzo-2025

 

 


NUSS

Coa nova Lei de formación Profesional, dende o 1 de xaneiro de 2024, o alumnado en prácticas, tanto remuneradas como non remuneradas, estará de alta na Seguridade Social; motivo polo que será necesario contar co NUSS (Número da Seguridade Social único para cada persoa).

É imprescindible, para o CIFP Compostela, ter o voso NUSS para xestionar as prácticas, se non o tedes, pregamos que o solicitedes a maior brevidade posible, xa que necesitamos coñecelo con antelación suficiente para a tramitación do voso período de prácticas.

Información de interese na Guía informativa de alumnos en prácticas publicada na web do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones

Se xa tes NUSS, podes consultalo na túa tarxeta sanitaria (non na dos teus pais/nais) ou no enlace: Consulta o teu Número da Seguridade Social (onde podes solicitar o informe)

Solicitude do NUSS:

Podedes realizar o trámite de xeito presencial na oficina da Tesourería Xeral da Seguridade Social máis próxima, necesitarás o modelo TA.1 o DNI ou NIE, o impreso podes pedilo na oficina ou descargalo e cubrilo no enlace: TA1   (En Santiago: Administración nº 05 de la Tesorería General de la S.S. (Seguridad Social Santiago de Compostela), Calle Carlos Briones Varela, Rúa das Galeras, s/n)   

Solicitude de cita previa: Cita previa

Solicitude vía web (online): Deixámosvos unhas pequenas indicacións, só precisas os teus datos identificativos (DNI ou NIE), os teus datos de contacto (teléfono móbil e email) así como, os datos do teu domicilio habitual.


Preme aquí para facer a solicitude de asignación do teu NUSS (abrirate a páxina oficial da Tesorería da Seguridade Social)


Preme en “Solicitar NUSS”

 img#61815

Identifícate, e se non tes: Cl@ve Permanente, Cl@ve Pin ou DNIe ou certificado, podes que solicitar a chave de acceso Vía SMS.

IMPORTANTE: Se o teu número de teléfono non esta rexistrado, debes enviar unha solicitude, neste caso, necesitaras incluír información e fotografías do teu DNI ou NIE:

 img#52431           img#16913


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.