Presentación do centro
Dámosvos a benvida ao CIFP Compostela!!
Como alumnado deste centro estádesvos a incorporar nun Centro Integrado de Formación Profesional que, como todos os centros integrantes da rede de Centros Integrados de FP de Galicia, está certificado na norma UNE‐EN ISO 9001, por tanto a súa xestión interna está sometida a un SXC que abrangue todas as funcións do persoal do centro, tal e como se recolle no regulamento de Centros Integrados establecido polo Decreto77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, isto supón unha organización e xestión documental propia, así, esta guía está redactada seguindo o Modelo MD85ACO01 do Sistema de Xestión de Calidade.
Se queredes coñecer un pouco da nosa historia, só tedes que consultar ese apartado na web ou ticar neste enlace: Historia do CIFP Compostela, se vos interesan as nosas instalacións temos algunhas fotos en: Dependencias, ademais podedes consultar nesta web a nosa oferta educativa, algúns dos nosos proxectos, das nosas experiencias internacionais, as actividades de Igualdade, de Dinamización da Lingua Galega, da Biblioteca ou do noso club de lectura "Caldo de Gloria" ... animámosvos a botarlle unha ollada a esta web e ao noso Instagram do CIFP Compostela ... seguídenos!.








