arriba
Mércores, 18-Febreiro-2026

 
  • cifpcompostela.gal - Imaxe - 1
bajar
 

 

Portada

Plans Proxecta_CIFP Compostela

Pincha nos enlaces para coñecer o traballo dos nosos Plans Proxecta no 2025-26 img#67362

Continuamos con:

Nutriescolas" img#67120    Proxecto didáctico Antonio Fraguas: consulta as súas actividades no 24-25    

Queremos destacar que desde as Equipas de Dinamización da Lingua Galega dos centros implicados na Mostra do Entroido Galego que desenvolvemos cada curso, convídannos  á comunidade educativa do CIFP Compostela a visitar a Exposición “Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade” que se inaugurou o venres 14 de novembro no Museo do Pobo Galego. Esta exposición pon en valor os proxectos premiados no curso 2024-25 co Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas e recoñece o labor colectivo dos centros participantes.

Comezamos un novo reto con:   

Remataron no 2024-25:     img#13255   Por 365 días de respecto e igualdade

Rematou no 2023-24: "Fotostela":     img#85045

Evacuación centro educativo.

Acceso a vídeo de evacuación:  Simulacro de incendio nun centro educativo

Recoméndamovos prestar un pouquiño de atención ao seguinte vídeo para coñecer como evacuar o centro educativo e ler a seguinte FICHA ao alumnado

E para coñecer o uso de extintores:

IX Festa das Letras Vivas.
Luns, 9-Febreiro-2026
Retomamos a IX Festa das Letras Vivas, coa habitual mostra de propostas escénicas, musicais e culturais arredor da lingua galega que pasarán polo salón de actos até final de curso. Desde o EDLG en colaboración coa Biblioteca, teremos no salón de actos a presentación do proxecto-disco "Os tres pés para.. un Suso", unha proposta musical do trío formado por RobertoSobrado, Pepe Constenla e O Leo e Arremecághona. O concerto terá un dobre pase este xoves 12 de febreiro, ás 11:30 para os grupos da mañá e ás 16:00 para os grupos da tarde e terá unha... »
  • Luns, 9-Febreiro-2026
    O alumnado voluntario de 2 curso da FP Básica de Aloxamentos e Lavandaría, convídavos a participar os venres durante o recreo de 11:00 a 11:30 no torneo de xadrez.Inscricións na biblioteca(anótate na mesa onde está o xadrez). »

  • Luns, 9-Febreiro-2026
    O microrrelato " Versión extraoficial" da alumna de 1 curso de FP Básica, Aloxamentos e Lavandaría, Carlota Agrelo Mella, recibiu o primeiro premio do III Concurso de Microrrelatos sobre os conflitos bélicos, unha iniciativa da Biblioteca e o EDLG do CIFP Compostela. Parabéns! »

  • Venres, 6-Febreiro-2026
    Celebramos a XIII edición da Mostra do Entroido Galego que cada ano dedicamos a un dos entroidos galegos e que pretende dar a coñecer entre a comunidade educativa formada polos centros participantes (CEIP Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Pérez Viondi, EI A Raiola, Colexio ASPANAES, IES Lamas de Abade e CIFP Compostela) ... »

  • Venres, 6-Febreiro-2026
    O alumnado de FPB de Artes Gráficas, Aloxamento e lavandaría , Cociña e restauración, participou recentemente na actividade TALENTOP, un taller formativo incluído dentro do programa Eduemprende, orientado a potenciar habilidades clave para o desenvolvemento persoal e profesional.Durante a sesión traballáronse tres competencias fund... »
 

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.