arriba
Sábado, 23-Setembro-2023

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acreditacionsbibliotecaclub-de-lecturacorrespondentesedlgerasmusigualdadematriculaplurilingueprobas-libres
Mércores, 13-Setembro-2023

Ábrese o prazo (do 7 ao 27 de setembro) para actualizar os datos das bolsas xerais 2023-2024

IMPORTANTE: Se estás seguro/ a de que non cambiou ningún dos datos que puxeches na túa solicitude, en maio, non é preciso que entres.

Pero se cambiou algo, debes entrar de novo na túa solicitude:

  • Picando na sede electrónica do Ministerio, ábrese en xanela nova deste Ministerio, ticas en meus expedientes e poñendo o teu DNI/NIE e a mesma contrasinal que puxeches para pedir a bolsa. Se non o fas, é posible que a tramitación da túa bolsa sufra atrasos.
  • Unha vez na túa solicitude, debes repasar os datos que puxeches e actualizar os que cambiasen. Asegúrate de que a conta corrente que puxeches é a correcta.
  • Verás que algúns datos non se poden cambiar. Non te preocupes, xa que é o correcto, pois son os que se tiveron en conta para ver se cumprías os requisitos económicos.
  • Tamén deberás entrar se recibiches a principos de agosto unha notificación na que se che dixo que podías presentar alegacións ou debías presentar documentos. Terás un botón para facelo.

Máis información en: https://www.becaseducacion.gob.es/novedades.html

Información xeral de bolsas e axudas do Ministerio: https://www.becaseducacion.gob.es



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.