arriba
Sábado, 25-Xaneiro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


biblioteca
Xoves, 26-Outubro-2023
Creepy Talking Faces – Concurso de Halloween - Foto

Creepy Talking Faces – Concurso de Halloween

Creepy Talking Faces – Concurso de Halloween

PARTICIPANTES:

=> Poderá participar todo o alumnado do CIFP Compostela que así o desexe e teña asinado e entregado o documento de dereitos de imaxe. Por outra banda, deberá ter o carné da biblioteca do centro para poder participar.

BASES:

1.Compoñer un microrelato en inglés (máximo 50 palabras) que xere terror, desacougo e/ou intranquilidade.

2.Pintarse a cara de forma arrepiante, segundo a temática de Halloween.

3. Gravar un vídeo curto (máximo 2 minutos) no photocall da biblioteca do CIFP Compostela, que estará dispoñible do 30 de outubro até o 7 de novembro de 2023.

4. Enviar o vídeo resultante ao correo caldodegroria@gmail.com con data límite 7 de novembro de2023.

XURADO:

=> Valorarase a creatividade, tanto no deseño das caras como no microrelato. O xurado estará composto por profesorado do departamento de Idiomas e de Artes Gráficas.

PREMIO:

=> Outorgarase un premio, que consiste nunha comida para dúas persoas no gastrobar do CIFP Compostela, para o vídeo gañador.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.