arriba
Mércores, 21-Maio-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


erasmus
Xoves, 2-Novembro-2023

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (3º trimestre curso 23/24)

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT CICLOS SUPERIORES (3º trimestre curso 23/24)


Obxecto da convocatoria
Concesión de 8 bolsa Erasmus KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do proxecto 2022‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000056569


Destinatarios
Alumnado en ORDINARIO, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no terceiro trimestre do curso 2023-2024 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.


Requisitos para participar na selección


Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.


Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA131 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.


Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 31 de outubro 2023 ata o 30 de novembro 2023.


Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contá preme no seguinte enalce:
Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA 131 Réxime Ordinario: FCT (3º trimestre curso 23/24)


Podes baixar a solicitude en:
Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+KA131 para realizar a FCT (Ciclo Superior)



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.