Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ KA 131 (curso 2023-2024)
Obxecto da convocatoria
Concesión de 2 bolsa Erasmus + K131 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación “job shadowing” nunha empresa ou nun centro dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días (sen contar viaxes) dentro do proxecto 2022‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000056569.
Destinatarios
Persoal con destino no CIFP Compostela durante o curso 2023-2024, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa ou centro, en período de observación “job shadowing” no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE (ver apartado “País e empresa de destino”). Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no momento de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo.
Requisitos para participar na selección
-Ser persoal do CIFP Compostela (con carácter definitivo ou provisional) durante o curso 2023/2024
-Posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou ben en inglés (lingua vehicular da UE).
-Presentar un proxecto de actividade correspondente a formación a realizar coa empresa ou centro de destino concertado, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación de actividades e calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula. O proxecto será individual, cada candidato/a debe presentar e rexistrar o seu proxecto aínda que varios/as candidatos/as presenten unha actividade ou destino común. A bolsa é individual.
-O persoal da especialidade de Orientación Educativa ou da especialidade de Formación e Orientación Laboral se presenta un proxecto de actividade baixo o programa de mobilidade ACADEMIA do Ministerio de Educación e Formación Profesional deberá indicar unha outra actividade alternativa a esta por senón resultara posteriormente seleccionado/a no devandito programa e si para a presente bolsa Erasmus + KA 131.
-Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Contía da bolsa
O persoal recibirá unha axuda como contribución aos seus gastos de viaxe, conforme aos importes establecidos na Guía do Programa 2022 e unha axuda de subsistencia durante o período de estancia noutro país, cuxo importe dependerá do nivel de vida do país de destino.
Período de estancia
Duración de 5 días, excluídos os 2 días de viaxes. A mobilidade deberá realizarse no presente curso ata o 21 de xuño de 2024
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de outubro 2023 ao de 30 de novembro 2023, ámbolos dous incluídos.
O persoal interesado presentará a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.
Pódese consultar toda a información sobre a convocatoria en: Convocatoria de dúas bolsas para Persola para Formación Erasmus+ KA131 (curso 23-24)
Documentos necesarios para participar no proceso de selección (solicitude con acceso nos seguinte enlace):
Solicitude de participación, copia de DNI ou equivalente, certificado de idioma se fose o caso e proxecto de actividade correspondente a formación a realizar no país de destino, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación e calendario con actividades previstas, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.
A solicitude débese entregar na Secretaría do centro, dentro do prazo establecido.