
Programa de mobilidades FpDual. O alumnado de 1º e 2º de XAT Dual xa está de volta no CIFP Compostela.
O alumnado de 1º e 2º de XAT Dual xa está de volta no CIFP Compostela despois de realizar un intenso programa de actividades formativas en Hungría onde visitaron, na segunda parte da súa estancia, varios hoteis da cadea Eurostars na cidade de Budapest e coñeceron de primeira man os principais recursos turísticos desta capital europea e tamén da súa contorna.
Podedes consultar aquí o caderno de bitácora da mobilidade.