Exención da taxa de asesoramento e avaliación do Procedemento ARA (DOG do 29/12/2023)
Informamos da seguinte nova sobre a exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA:
No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
No capítulo II desta lei, que trata sobre os tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos, nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:
– As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
– As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
Fonte: http://www.edu.xunta.gal/fp/exencion-taxa-asesoramento-taxa-avaliacion-procedemento-ara