
VII FESTAS DAS LETRAS VIVAS. Contamos coa banda compostelana de rock ULEX!!
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Compostela, querémosvos convidar a primeira das actuacións que se desenvolverán no marco da FESTA DAS LETRAS VIVAS, o vindeiro mércores 7 de febreiro, de 11:30 a 12:30 no salón de actos do CIFP Compostela contaremos coa banda compostelana de rock ULEX, unha nova formación, pola súa recente creación e pola idade dos seus membros unha proposta fresca e desenfadada.








