arriba
Domingo, 16-Maio-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Venres, 9-Abril-2021

Convocatoria Probas Libres para a obtención de titulos FP (LOE). Curso 2020-2021

Actualmente na Comunidade Autónoma de Galicia, e dentro do sistema educativo, realízanse convocatorias de probas libres que teñen como finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Para consultar o calendario do proceso no seguinte enlace: CALENDARIO DO PROCEso DE ADMISIÓN DAS PROBAS LIBRES DE TÍTULOS DE FP LOE. CONVOCATORIA: CURSO 2020-2021 (actualizado o 28/04/2021)

Para o presente curso lectivo a convocatoria de Probas Libres para a obtención de títulos FP (LOE) ven regulada por:

– Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Corrección de erros. Orde do 5 de abril de 2013

Resolución do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020-2021

Requisito das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

Coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Consulta as instruccións no seguinte enlace: Instrucións sobre o proceso de admisión e para cubrir o impreso de solicitude de admisión

Pode baixar o impresos de admisión en:

Para máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Fonte:http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional