arriba
Xoves, 29-Xullo-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Luns, 12-Abril-2021

Información - ABAU Curso 2020-2021 (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria)

Achegamos enlaces con acceso a documentos .pdf para que consultedes e/ou baixedes as Instrucións de alumnado para proba de acceso, Comunicación de incidencias e Instrucións aboamento de taxas ABAU 2021.

Instrucións de alumnado para proba de acceso

Comunicación de incidencias

Instrucions de aboamento de taxas ABAU 2021

No seguinte enlace podedes consultar e/ou baixar o Calendario das ABAU para o curso 2020-2021:

CALENDARIO CENTROS ABAU (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria)

Aclaración a ter en conta:

7 - 25 Matrícula anticipada on line para a realización da proba de ABAU do estudantado que ten superado o Bacharelato ou FP en anos anteriores.
Nestas datas está incluído o estudantado de FP que desexa acceder á proba de ABAU.

Matrícula ABAU

O alumnado de FP que desexe matricularse na proba de Avaliación do Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) deberá facelo mediante o procedemento de matrícula anticipada establecido na Convocatoria ordinaria de matrícula ABAU 2021, publicada na páxina web da CIUG (do 7 ao 25 de maio).

1. O alumnado que ten finalizada a FP e ten conta de usuario en Nerta fará a súa matrícula a través da mesma https://www.edu.xunta.es/nerta/

2. O alumnado en posesión do título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior, ou equivalentes, que non ten conta de usuario en Nerta deberá enviar ao LERD correspondente a documentación indicada na Base terceira, 1.3. Procedemento e Documentación, da devandita convocatoria:

a) Se ten os datos informatizados en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente os seguintes documentos comúns:
1. Fotocopia do DNI ou Pasaporte.
2. Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado (datos persoais, académicos e de matrícula para a ABAU) que poderá baixar da páxina web da CIUG.
3. Acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título.
4. Xustificación de ter feito o depósito do título ou resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes, segundo o estipulado nesta convocatoria de matrícula.

b) Se non ten os datos informatizados en Nerta:
- Certificación expedida polo centro das cualificacións obtidas.
- Acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título.

3. No caso de alumnado pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente na convocatoria de xuño de 2021, aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) que non levan cualificación numérica:
a) O Centro ten que traspasar o expediente de XADE a Nerta, co fin de que no expediente académico xa conste a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, a excepción dos módulos sinalados no punto 4 do artigo 27º da Orde do 24 de marzo de 2011.
b) O alumnado deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente os documentos comúns para este alumnado (Base terceira, 1.3. Procedemento e Documentación):
1. Fotocopia do DNI ou Pasaporte.
2. Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado (datos persoais, académicos e de matrícula para a ABAU) que poderá baixar da páxina web da CIUG.
3. Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes, segundo o estipulado nesta convocatoria de matrícula.

Fonte: https://ciug.gal/gal/abau (onde atoparedes ademais : vídeo sobra ABAU 2021, información sobro o protocolo, modelo de exame, exames de anos anteriores, grupos de traballo e Alumnado con necesidades de apoio educativo).



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional