arriba
Sábado, 25-Xaneiro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


club-de-lectura
Martes, 18-Xuño-2024

O plan proxecta SABE QUE CONSOLA! e o Club de Lectura Caldo de Gloria do CIFP Compostela na Revista EDUGA.

No nº 87 de revista EDUGA vense de publicar os artigos:

Sabe que consola! Proxecto interdisciplinario de alimentación saudable do CIFP Compostela e coordinado pola nosa compañeira Olga Amigo Devesa; proxecto interdisciplinario no que se aprende a analizar etiquetas, crear receitas saudables, cociñar pratos saborosos e equilibrados e deseñar negocios de restauración ambiental e laboralmente sostibles; e isto acompasado coa degustación de froitas, froitos secos e bocadillos orixinais. Cun traballo en equipo no que se usa a tecnoloxía para investigar e crear distintos produtos, que publican na wiki (nesta web) e en Instagram.

Exemplos de boas prácticas. Club de lectura Caldo de Gloria. Tres anos de historia, coordinado pola nosa compañeira Mercedes Teijeiro Gato, artigo que destaca a traxectoria do club de lectura Caldo de Gloria no CIFP Compostela, que, como ben sabedes, naceu tras a pandemia para dinamizar a biblioteca e fomentar a lectura entre un alumnado moi diverso. Ao longo de tres anos, o club organizou múltiples actividades, desde encontros con autores e autoras e proxeccións de documentais ata concursos en redes sociais e rutas literarias. Estas actividades promoveron a lectura, fortalecendo a comunidade educativa e convertendo a biblioteca nun centro activo de cultura e aprendizaxe.  

Gracias a todos e todas!



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.