arriba
Sábado, 8-Febreiro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


edlg
Luns, 1-Xullo-2024

Os centros colaboradores da Mostra do Entroido, fomos premiados co Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, concedido bianualmente pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego


Informar que o pasado 21 de xuño por mor da participación do noso centro xunto, cos centros colaboradores da Mostra do Entroido, fomos premiados co Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, concedido bianualmente pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego coa cuantía de 7.000€.

A este premio decidimos concorrer polas dúas modalidades posibles, educación primaria e educación secundaria, dado que as bases da convocatoria non permitían facelo de maneira conxunta. Con todo, o proxecto presentado en cada unha das dúas modalidades recollía esta experiencia intercentros e interniveis que acabou sendo interesante para o xurado, recoñecendo finalmente o da modalidade de educación primaria pero da que nos sentimos colectivamente orgullosos/as.

Déixovos tanto a ligazón da noticia da Fundación como o proxecto presentado na modalidade de secundaria e que foi case o mesmo que o de educación primaria.

En todo caso é un recoñecemento a todo un colectivo de persoas, especialmente ás que o ergueron e mantiveron tantos anos e que foi capaz de implicar a moitos de nós así como aos centros participantes. O curso que vén será o momento de perfilar e desenvolver aquelas ideas que ano a ano consolidan esta actividade, xa que o premio así vai condicionado.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.