CONCURSO DECORACIÓN PORTAS DO SAMAÍN
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Era a noite máis perigosa: as portas do alén ou do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e a quen moraba nel, a maioría das veces para render contas inacabadas...
O alumnado de 2º de Xestión de Aloxamentos Turísticos organiza, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega un concurso de Portas do Samaín, para o que podedes consultar as Bases aquí.
Ademais desde o EDLG querémosvos achegar algúns recursos de interese que vos inspiren para decorar a vosa porta terrorífica ao mundo das ánimas, aquelas que habitan neste tempo de sombras e morte... !
Tica no enlace: Recursos de interese.