arriba
Luns, 14-Xuño-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Venres, 11-Xuño-2021
AMPLIADO PRAZO ATA O 17 DE XUÑO!!! Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA103 para recen graduados/as (CICLOS SUPERIORES) - Foto

AMPLIADO PRAZO ATA O 17 DE XUÑO!!! Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA103 para recen graduados/as (CICLOS SUPERIORES)

AMPLIADO PRAZO ATA O 17 DE XUÑO!!!

Obxecto da convocatoria. 
Concesión de 7 bolsas Erasmus+ K103 para recen graduados nun ciclo superior de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103, dentro dos programas do CIFP Compostela: 2019- ES01-KA103-061359 e 2020-1-ES01-KA103-079157.
Destinatarios. 
Alumnado titulado nun ciclo superior neste último curso e estea interesado en realizar prácticas en empresas de países da Unión Europea. Así, os estudantes de educación superior que acaben de graduarse, poden participar en períodos de formación práctica. Estes estudantes deberán completar este de formación práctica no estranxeiro no prazo dun ano desde a obtención do título.
Requisitos para participar na selección

  • Alumnado de ciclo superior do CIFP Compostela que remate estudos en xuño/stembro de 2021.
  • Realizar a mobilidade entre os meses de outubro de 2021 e abril de 2022
  • Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
  • É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto

Período de estancia. 
Duración de 3 meses (90 días)
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 como o indicado no Acordo de aprendizaxe asinado co alumno/a e o CIFP Compostela.

Prazo de presentación de solicitudes. 
O prazo de presentación de solicitudes AMPLIADO SERÁ ATA O 17 de xuño de 2021
A estancia poderase formalizar cunha finalización máxima en abril de 2022 (xa que a caducidade do programa é en maio de 2022)

Se queres revisar a convocatoria, países, datas e cuantía preme no seguinte enlace:

Convocatoria (prazo ampliado) de Bolsas Erasmus+ KA 103 para recen graduados (Ciclo Superior)

Podes baixar a solicitude en:

Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ Ka 103 para recen graduados (Ciclo Superior)



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional