arriba
Martes, 11-Novembro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acreditacions
Venres, 21-Febreiro-2025
 A Xefa do departamento de Acreditación e probas do CIFP Compostela, Lucía López Rey, na USC - Foto

A Xefa do departamento de Acreditación e probas do CIFP Compostela, Lucía López Rey, na USC

A tarde do luns 17 de Febreiro, a Xefa do departamento de Acreditación e probas, Lucía López Rey, estivo na Facultade de Educación da USC explicando o procedemento de Acreditación de Competencias (ARA) ao alumnado do Máster Universitario en Procesos de Formación.
A charla tivo lugar no marco da materia de Avaliación e Orientación de Competencias, e estivo centrada na definición do procedemento, no seu encadre dentro do novo sistema de Formación Profesional e na organización, fases e requisitos de participación.
Moitas grazas á Esther Vila Couñago por invitarnos e pola calurosa acollida, esperamos seguir colaborando con vós nun futuro.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.