arriba
Luns, 14-Xuño-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Venres, 11-Xuño-2021
AMPLIADO O PRAZO ATA O 17 DE XUÑO!! Convocatoria de Bolsa Erasmus + KA 103 para realizar a F.C.T. de outubro a decembro de 2021 (CICLOS SUPERIORES) - Foto

AMPLIADO O PRAZO ATA O 17 DE XUÑO!! Convocatoria de Bolsa Erasmus + KA 103 para realizar a F.C.T. de outubro a decembro de 2021 (CICLOS SUPERIORES)

AMPLIADO PRAZO ATA O 17 DE XUÑO!!!

Obxecto da convocatoria. 
Concesión de 3 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103 dentro do programa 2020-1-ES01-KA103-079157. 
Destinatarios. 
Alumnado en OFERTA MODULAR E A DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2021-22 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección. 

  • Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta modular/distancia dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
  • Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
  • Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
  • É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto

Período de estancia. 
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT

Prazo de presentación de solicitudes. 
O prazo de presentación de solicitudes AMPLIADO SERÁ ATA O 17 de xuño de 2021
A estancia poderase formalizar cunha finalización máxima en abril de 2022 (xa que a caducidade do programa é en maio de 2022)

Se queres revisar a convocatoria, países, datas e cuantía preme no seguinte enlace:

Convocatoria (prazo ampliado) de Bolsas Erasmus+ KA 103 para F.C.T. (Ciclo Superior)

Podes baixar a solicitude en:

Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ Ka 103 para F.C.T (Ciclo Superior)



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional