arriba
Sábado, 25-Xaneiro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


erasmus
Martes, 16-Novembro-2021
Convocatoria de Bolsa Erasmus + KA 103 para realizar a F.C.T. en marzo/abril 2022 (CICLOS SUPERIORES) - Foto

Convocatoria de Bolsa Erasmus + KA 103 para realizar a F.C.T. en marzo/abril 2022 (CICLOS SUPERIORES)

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (marzo/abril 2022 - CICLOS SUPERIORES)

Nota: Con data 18/11/2021 incorpórase os países Croacia (para C.S. de Aloxamentos Turísticos) e Portugal para C. S. de Dirección de Servizos en Restauración)


Obxecto da convocatoria
Concesión de 8 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103 dentro do programa 2020-1-ES01-KA103-079157


Destinatarios
Alumnado en OFERTA ORDINARIO, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2021-22 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.


Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta ordinaria dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT.
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.


Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.


Prazo de presentación de solicitudes Ampliación!!
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 18 de novembro de 2021 ata o 17 de decembro de 2021.

Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:


Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA103 para realizar á FCT (Ciclo Superior)


Podes baixar a solicitude en:

Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA103 para realizar a FCT (Ciclo Superior)



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.