II Concurso Empanadas de Galicia. Noraboa a Sebastián Castro polo terceiro premio (categoría de estudantes)
No II Concurso de Empanadas de Galicia do Forum Gastronómico, que contou cunha altísima participación, tamén distinguiu, como gañadores, na categoría de estudantes a Inés Martínez e John Ferrer, do CIFP Manuel Antonio; como segundos Moraima Núñez e Héctor Soto do IES Álvaro Cunqueiro e o terceiro premio foi outorgado ao alumno do CIFP Compostela, Sebastián Castro.








