arriba
Sábado, 6-Decembro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acreditacions
Xoves, 24-Abril-2025
Certifica a túa experiencia en Hostalaría. Procedemento ARA - Foto

Certifica a túa experiencia en Hostalaría. Procedemento ARA

Tes un restaurante ou xestionas un establecemento de hostalaría?

Levas anos traballando con paixón, organizando equipos, superando retos e ofrecendo calidade…  pero aínda non tes unha titulación oficial?

No CIFP Compostela axudámoste a poñer en valor toda esa experiencia.

A través do procedemento ARA poderás acreditar as túas competencias profesionais e obter:

🎓 O certificado de profesionalidade de nivel 3 en Xestión de procesos en servizos de restauración, ou

🎓 O título de FP de grao superior en Dirección de servizos de restauración.

✅ Gratuito

✅ Sinxelo

✅ Válido en toda España

Xestión, liderado, servizo, traballo duro… todo conta.

Demóstrao. Certifícao. ACREDITA.

Procedemento ARA

Infórmate no CIFP Compostela: acreditacion.cifp.compostela@edu.xunta.gal . Agardámoste!



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.