
A profesora Silivia Fernández visita o CFA de Aucaleuc na Bretaña francesa
Do 22 ao 28 de abril de 2025, a profesora de Formación e Orientación Laboral, Silvia Fernández, participou mediante o noso programa Erasmus+ KA131 nunha mobilidade de observación laboral. Esta mobilidade realizouse no CFA de Aucaleuc, centro de educación en alternancia da Bretaña francesa, durante a estancia a profesora puido acompañar a docente Tania Dutertre buscando un intercambio de boas prácticas, a inspiración mutua e mellora do desenvolvemento profesional; podendo observar como se desenvolven no centro a formación máis clásica, as aulas de cociña, así como participar en reunións do equipo de orientación e visitas a diferentes empresas.