
Visita a ANFACO-CECOPESCA e Museo da Conserva en Vigo
Dentro do programa EduEmprende, o grupo de CM Servizos en Restauración visitou as instalacións de ANFACO-CECOPESCA e o Museo da Conserva o pasado luns 28 de abril.
Obxectivos da visita:
✔ Coñecer o labor de ANFACO-CECOPESCA en asistencia técnica, investigación e seguridade alimentaria para as empresas do sector mar-alimentario.
✔ Descubrir o valor patrimonial e o papel da muller na industria conserveira galega a través do Museo da Conserva.
Unha experiencia moi enriquecedora para aprender sobre seguridade e hixiene na manipulación de alimentos, e sobre o emprendemento no sector do mar.